Shin'ichirō Tomonaga (朝永振一郎, ともなが しんいちろう; Tomonaga Shin'ichirō, en grafía inglesa, "Shin'itiro Tomonaga"), nado en 1906 e finado en 1979, foi un físico xaponés, obtivo o Premio Nobel de Física no 1965, xunto a Richard Feynman e Julian Schwinger, polo desenvolvemento dos principios básicos da electrodinámica cuántica.

Traxectoria Comezou as súas investigacións na EDC no ano 1941, ó chegar a ser profesor na que hoxe é Universidade de Tokyo. A segunda guerra mundial incidiu no seu illamento dos científicos máis sobresaíntes no tema, a pesar de que no ano 1943 completou e publicou as súas investigacións, que fixeron compatible a EDC e a Teoría da Relatividade Especial. No 1947, coincidindo coa publicación de resultados por Feynman e Schiwinger, os seus resultados chamaron a atención do mundo científico a nivel mundial, atopando consistencia entre as publicacións dos tres.

Foi Reitor da súa Universidade do 1956 ó 1962, sendo nomeado despois presidente do Consello científico xaponés. Fixo campaña contra as armas nucleares e a favor do desenvolvemento pacífico da enerxía nuclear.

Bibliografía En inglés Silvan S. Schweber, QED and the Men Who Made It: Dyson, Feynman, Schwinger, and Tomonaga (1994), historia do desenvolvemento intelectual da Electrodinaica Cuántica (en inglés, Quantum Electro-Dynamics, QED).

Tomonaga, Sen-Itiro Tomonaga, Shin'ichiro Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Premios Nobel do Xapón Categoría:Alumnos da Universidade de Kyoto