Juan de Nova é unha pequena illa, de 4,4 km²,(sobre 6 km de longo e 1,6 de ancho) pertencente a Reunión que leva o nome do navegante galego Joan de Novoa, onde este pasou o inverno de 1505 tras ser repelido o seu barco por unha treboada no Cabo de Boa Esperanza.
Sitúase na canle de Mozambique, entre Madagascar e Mozambique, e é unha posesión francesa dende 1897. Na segunda guerra mundial foi abandonada e recibiu a visita de submarinos alemáns. A partir de 1968 comezaron a explotarse os depósitos de guano (fosfatos).
Na actualidade é unha reserva natural que está deshabitada, e nela só existe un pequeno aeródromo (cunha pista de 1,2 km) e unha base meteorolóxica do exército francés cunha pequena gornición de 14 homes. É administrada polo administrador superior das Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF) e a República de Madagascar reclama a súa soberanía. esquerda|400px
</center>
Categoría:Reunión Categoría:Illas de Francia Categoría:Illas do Índico