Juan Antonio Reig Plà, nado en Cocentaina o 7 de xullo de 1947 é un bispo católico español.
Traxectoria Foi ordenado sacerdote en 1971. Licenciouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca en 1973, e fixo a tese de doutoramento en Teoloxía moral pola Universidade Lateranense de Roma en 1978, cunha tese sobre o sacramento da penitencia, De sacramento poenitentiae. Foi delegado de Pastoral Familiar.
Consagrado bispo de Segorbe-Castellón en 1996, permaneceu na diocese ata que no 2005 foi nomeado bispo de Cartaxena. Posteriormente foi nomeado bispo de Alcalá de Henares.
Tamén é presidente da subcomisión episcopal de familia e vida. De cariz conservador foi acusado por defensores da lingua catalá de reducir ao mínimo a presenza desta lingua na diocese castellonense mentres foi o seu bispo.
Notas
Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados en Cocentaina Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense