As linguas corachol son un grupo de linguas dentro da familia de linguas uto-aztecas. Os membros vivos do gripo corachol son o huichol e o cora, faladas polas comunidades de Xalisco e Nayarit, estados do centro de México. Crese que a lingua cazcan (chichimeca) podería estar relacionada. En México teñen recoñecemento como linguas nacionais.
As linguas corachol son linguas mesoamericanas, e amosan moitos dos trazos definidos pola área lingüística mesoamericana, ou sprachbund.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Frances Karttunen (1983): An Analytical Dictionary of Nahuatl, Oklahoma University Press, ISBN 0-8061-2421-0.
Categoría:Linguas uto-aztecas