Qi ji ben xiao hai (en ) é un filme chinés de 2022 dirixido por Wen Muye. É a segunda longametraxe de Wen. Conta principalmente a historia dun mozo chamado Jing Hao que, para salvar á súa irmá, aproveita desesperadamente a oportunidade que atopou para iniciar un negocio, cambia o seu destino e afecta ás persoas que o rodean. O filme rematouse en outubro de 2021 e estreouse nos cinemas da China o 1 de febreiro de 2022 (o primeiro día do Aninovo Chinés). Recadou máis de 211 millóns de dólares, converténdose no noveno filme con maior recadación de 2022. Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Jackson Yee como Jing Hao Tian Yu como Liang Yongcheng Chen Halin como Jing Tong Qi Xi como Wang Chunmei Gong Lei como Zhang Longhao Xu Juncong como Zhang Chao Wang Ning como Liu Hengzhi Huang Yao como Wu Xiaoli Gong Jinguo como Zhong Wei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX