Justo Fernández Suárez,Nalgunhas fontes aparece como Justo Fernández Couto por confusión cos apelidos do pai. coñecido como Galochía, nado en Vilaronte (Foz) cara a 1910 e finado en Ribadeo o 23 de xullo de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de José María Fernández Couto. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 con outros veciños da Veiga marcharon a Ribadeo cando souberon que a columna militar sublevada avanzaba desde Lugo para tomar a vila. Justo ía á cabeza da expedición conducindo un coche e xa en Ribadeo, na curva de Covelas, el e os seus acompañantes encontráronse coas tropas que viñan desde Lourenzá. Tres gardas civís que ían diante en moto pararon o vehículo, mandaron baixar aos ocupantes e mataron a Justo por facer o ademán de sacar unha arma. Foi soterrado nunha fosa común do cemiterio de Ribadeo. Os seus restos, xunto cos de Manuel Mon Miranda, foron exhumados pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) da fosa común do cemiterio de Ribadeo en 2023.Cristina L. Felipe (1/6/2023). "Memoria Histórica exhumará a dos asesinados en Ribadeo en julio del 36". El Progreso .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Justo Fernández Suárez, «Galochía»

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1910

Categoría:Finados en 1936