Euclid é unha nave espacial dentro do programa Cosmic Vision da ESA, destinada ó punto de Lagrange L2. alt=Modelo artístico de Euclid|miniatura|Modelo artístico de Euclid|esquerda|250x250px Está deseñado para abordar dous grandes temas do programa: Cales son as leis físicas fundamentais do universo e como naceu o universo e de que está composto.
Estudará máis dun terzo do ceo, tomando nota de forma, tamaño e posición de milleiros de millóns de galaxias, cunha profundidade de máis de dez mil millóns de anos.
Valor científico Coa súa ampla cobertura do ceo e os seus catálogos de miles de millóns de estrelas e galaxias, o valor científico dos datos recollidos pola misión vai máis aló do ámbito da cosmoloxía. Esta base de datos proporcionará á comunidade astronómica mundial fontes e obxectivos abundantes para o James Webb Space Telescope e o Atacama Large Millimeter Array, así como para futuras misións como o European Extremely Large Telescope, Thirty Meter Telescope, Square Kilometer Array e o Vera C. Observatorio Rubin.
Por outra banda, a misión Euclid ten sido adaptada en función do desenvolvemento que vai tendo e os achados observados.
Sistema de funcionamento Cada 75 minutos ten trevisto apuntar a un novo lugar do ceo, para o que dispón dun sensor de guiado fino (Fine Guidance Sensor, FGS) que usa para posicionarmento as estrelas atopadas por Gaia. Dito sensor ten sufrido perturbacións nas súas medidas debido á actuación do Sol, esperando un máximo do ciclo solar para 2024-2025, e podendo perder ata o 3 % dos datos esperables.
Euclid, para o recoñecemento de galaxias, aproveita tanto a IA como o proxecto de ciencia cidadá Galaxy Zoo, ó que pode acceder quen queira colaborar.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Euclides
Telescopio
Ligazóns externas Euclid homepage Artigo sobre Euclid na ESA
Categoría:Astronomía observacional Categoría:Axencia Espacial Europea