On the Job: The Missing 8 é un filme filipino de 2021 dirixido por Erik Matti e escrito por Michiko Yamamoto. É a continuación do filme de 2013 On the Job, e conta a historia dun xornalista que investiga a desaparición misteriosa dos seus colegas, e un prisioneiro que é temporalmente liberado para levar a cabo asasinatos.
O filme estreouse o 10 de setembro de 2021 na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde competiu polo León de Ouro e gañou a Copa Volpi ó mellor actor para John Arcilla. Foi escollido como candidato de Filipinas para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes John Arcilla como Sisoy Salas Dennis Trillo como Roman Rubio Dante Rivero como Mayor Pedring Eusebio Christopher de Leon como Arnel Pangan Lotlot de Leon como Weng Leo Martinez como Xeneral Pacheco Agot Isidro como Senador Alice Samson Andrea Brillantes como Diane Salas Rayver Cruz como Bernabe Joey Marquez como Sarxento Joaquin Acosta
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Filipinas propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua tagala Categoría:Filmes de Filipinas