Naro 1, antes coñecido como KSLV 1 (Korea Space Launch Vehicle 1) foi un lanzador lixeiro de Corea do Sur usado desde o Centro Espacial Naro. Naro 1 foi o primeiro lanzador orbital surcoreano, consistente nunha primeira etapa rusa case idéntica á URM 1 usada nos foguetes Angara pero cun motor RD-151, menos potente que o RD-191 usado no foguete ruso. A segunda etapa é un foguete de propelente sólido desenvolvido por Corea do Sur con control nos tres eixos. Naro 1 era capaz de lanzar satélites moi lixeiros e dos tres intentos de lanzamento so un tivo éxito. O seu sucesor foi o foguete Nuri.
Historial de lanzamentos Voo Data Centro de lanzamento Carga Resultado Notas125 de agosto de 2009Centro Espacial NaroFalloSTSAT 2APrimeiro lanzamento dun Naro 1.210 de xuño de 2010Centro Espacial NaroFalloSTSAT 2B330 de xaneiro de 2013Centro Espacial NaroÉxitoSTSAT 2C
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nuri
Categoría:Foguetes espaciais