miniatura|Little Joe 1B engalando o 21 de xaneiro de 1960. Little Joe foi o nome dunha serie de foguetes da NASA para facer probas suborbitais con cápsulas do proxecto Mercury.
Características Os foguetes Little Joe usáronse para probar as cápsulas do proxecto Mercury e en particular a torre de escape que debía poñer a salvo ao astronauta se algo ía mal durante a engalaxe. Os Little Joe eran foguetes relativamente pequenos, de 15,20 m de altura e 2,03 m de diámetro e que, segundo a versión, usaban seis ou oito motores. Podían enviar as cápsulas Mercury en voos suborbitais de ata 89 km de altura.
Lanzáronse sete Little Joe entre 1959 e 1961, tres deles con fallos, máis un Little Joe que fallou ao principio pola ignición en terra da torre de escape.
Unha versión máis grande dos Little Joe, os Little Joe II, usáronse para probas similares do proxecto Apollo.
Historial de lanzamentos
VooDataCargaResultadoNotas121 de agosto de 1959Little Joe 1FalloActivación da torre de escape antes do lanzamento.24 de outubro de 1959Little Joe 6Éxito34 de novembro de 1959Little Joe 1AFallo44 de decembro de 1959Little Joe 2Éxito521 de xaneiro de 1960Little Joe 1BÉxito68 de novembro de 1960Little Joe 5Fallo parcial718 de marzo de 1961Little Joe 5AÉxito828 de abril de 1961Little Joe 5BFallo parcialÚltimo lanzamento dun Little Joe
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Proxecto Mercury Little Joe II
Categoría:Foguetes espaciais