A Liga das Nacións da UEFA é unha competición internacional bienal de fútbol disputada polas seleccións nacionais masculinas das asociacións membros da UEFA, a máxima organización do fútbol europeo.
A primeira edición comezou en setembro de 2018 e rematou en xuño de 2019 coa fase final celebrada en Portugal, da que saíu campioa a selección anfitrioa. A competición naceu para substituír os partidos amigables internacionais que se disputaban anteriormente no Calendario Internacional de Partidos da FIFA.
Historia En outubro de 2013, o presidente da Asociación de Fútbol de Noruega, Yngve Hallén, confirmou que se mantiveran conversacións para crear un terceiro torneo internacional para os membros da UEFA, ademais da Copa do Mundo e a Eurocopa.
A Liga das Nacións foi concibida como unha competición na que as seleccións nacionais das asociacións membros da UEFA fosen divididas nunha serie de grupos baseados nunha clasificación formulada a partir dos seus resultados recentes. A partir de aí existirían ascensos e descensos, sengundo os resultados dentro de cada grupo. O torneo proposto tería lugar en datas do Calendario Internacional de Partidos da FIFA que previamente estaban asignadas para amigables internacionais e non afectaría á Copa do Mundo da FIFA nin á Eurocopa da UEFA.
En marzo de 2014, o secretario xeral da UEFA, Gianni Infantino, afirmou que un dos beneficios da proposta sería axudar ás asociacións nacionais menos potentes a organizar partidos.
O secretario xeral da Real Federación Belga de Fútbol Steven Martens dixo que as nacións de menor rango se beneficiarían financeiramente da competición, xa que o contrato televisivo coa UEFA sería centralizado. A Liga de Nacións da UEFA foi adoptada por unanimidade polas 54 asociacións membros da UEFA no XXXVIII Congreso Ordinario da UEFA en Astana o 27 de marzo de 2014.
Formato
Formato orixinal Segundo o formato aprobado orixinalmente, as 54 seleccións nacionais da UEFA estaban divididas en catro divisións (chamadas "Ligas"): 12 equipos na Liga A, 12 equipos na Liga B, 14 equipos na Liga C, e 16 equipos na Liga D. En cada liga formáronse catro grupos (con tres ou catro equipos) e os equipos enfrontáronse tanto na casa como fóra.
Modificacións a partir de 2020-21 Tras a conclusión da primeira tempada, a UEFA decidiu modificar o formato da Liga de Nacións a partir da tempada 2020/21 . A nova estrutura da liga estaba formada por 16 equipos nas Ligas A, B e C e sete equipos na Liga D.
A transición ao novo formato produciuse facendo varios cambios puntuais despois da tempada 2018-19. Suspendéronse os descensos tanto na Liga A como na Liga B e ascenderon os dous mellores equipos por grupo tanto na Liga C como na Liga D (en lugar de só un equipo por grupo) e subiu tamén o mellor terceiro clasificado da Liga D.
Finais, ascensos e descensos miniatura|Cristiano Ronaldo, máximo goleador das fases finais do torneo con 3 goles. Na máxima categoría, a Liga A, os vencedores dos catro grupos pasan a xogar as finais da Liga das Nacións, con dúas semifinais, un partido polo terceiro e cuarto posto e a final.
Existen ademais ascensos e descensos entre as diferentes ligas da competición. A partir da tempada 2020/21, cada gañador de grupo das Ligas B, C e D ascende automaticamente á liga inmediatamente superior, mentres que os últimos do seu grupo nas Ligas A e B descenden automaticamente á división inferior. Entre as tempadas 2020/21 a 2022/23, os dous equipos da Liga C que descendía determinábanse a través duns play-outs que comezaban en marzo dos anos pares, e que enfrontaban aos catro cuartos clasificados da Liga C.
A partir da tempada 2024/25, como a Liga C ten catro grupos mentres que a Liga D só ten dous, os dous equipos peor clasificados da Liga C descenden automaticamente. Ademais, introdúcense os play-offs de ascenso/descenso, enfrontando en formato de ida e volta aos terceiros clasificados da Liga A cos segundos da Liga B, e aos terceiros da Liga B cos segundos da Liga C. En todos os casos, o equipo mellor clasificado disputa o partido de volta como local. Se o marcador global reflicte un empate a goles, xogarase unha prórroga sen a regra do gol en campo contrario e, se segue empatado despois da prórroga, utilizarase unha quenda de penaltis para decidir o gañador.
Conexión coa Eurocopa
A Liga de Nacións da UEFA está ligada á clasificación para a Eurocopa, ofrecendo aos equipos outra oportunidade de clasificarse para o máximo torneo continental.
Os campións de cada grupo das Ligas A, B e C, obteñen o pase ás semifinais dun play-off que reparte postos para a Eurocopa (en 2020 tamén accederon aos play-offs os campións da Liga D).
Se os equipos campións dos seus grupos xa estaban clasificiados para a Eurocopa, os seus postos nos play-offs repártense a outras seleccións.
Conexión coa Copa do Mundo A Liga das Nacións tamén estivo conectada á Copa do Mundo de 2022, aínda que en menor medida que á Eurocopa. A primeira rolda da clasificación para o Mundial de 2022 constaba de dez grupos, cuxos gañadores se clasificaban directamente para o torneo. A segunda rolda foi disputada polos dez subcampións dos grupos de clasificación e os dous mellores primeiros de grupo da Liga das Nacións que non acabaron entre os dous primeiros da clasificación para o Mundial.
Trofeo O trofeo de Liga das Nacións da UEFA foi presentado durante o sorteo da primeira fase da edición inaugural na cidade suíza de Lausana. Cun peso de 7,5 kg e 71 cm de alto, representa as 55 federacións europeas de fútbol e está confeccionado en prata de lei.
Himno O himno oficial da Liga das Nacións da UEFA foi composto por Giorgio Tuinfort e Franck van der Heijden e gravado pola Orquestra Filharmónica e o Coro da Radio dos Países Baixos, cantando en latín . É unha mestura de música clásica e electrónica, e tócase cando os xogadores están entrando no terreo de xogo, en secuencias televisivas e con fins cerimoniais.
Tempadas A Liga das Nacións coroa un campión cada dous anos. Cada tempada componse de dúas partes diferenciadas: a fase de liga (ou "fase de grupos"), que ocupa a primeira metade da tempada, de setembro a novembro, e a fase eliminatoria que se disputa entre marzo (cuartos de final da Liga A) e xuño (semifinais e finais da Liga A). Na tempada 2022/23 fíxose unha excepción, celebrándose a fase de grupos en xuño e setembro de 2022, debido á disputa da Mundial de Qatar a finais de ano.
Palmarés
Finais TempadaSedeFinalTerceiro xogo de sitio-fóraCampiónResultadoSubcampiónTerzoPuntuaciónCuarto2018/191–0Estádio do Dragão, Porto 2020/212–1San Siro, Milán2–1 2022/23De Kulp, Rotterdam3–22024/25
Títulos por país EquipoCampiónSubcampiónTerceiro lugarCuarto lugar1 (2023)1 (2021)1 (2019)1 (2021)1 (2019)1 (2023)1 (2023)2 (2021, 2023)1 (2019)1 (2019)1 (2021)
Notas
Categoría:Liga de Campións da UEFA