Eco de Galicia foi un semanario ilustrado bilingüe publicado na Habana entre 1917 e xuño de 1936.
Historia e características Tivo os subtítulos de Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba ou de Revista gráfica y de información regional e, de xeito circunstancial, os de Revista Ilustrada, Revista ilustrada y de información ou Revista ilustrada y de información regional. Fundado por Manuel Fernández Doallo, na dirección figuraron Manuel Gondell Linares, o propio Manuel Fernández Doallo e Mercedes Vieito; os directores literarios foron Faustino López Méndez e Hilario Ramón Alonso. Juan Joaquín Otero foi xefe de redacción (1919-1920). Entre os seus colaboradores figuraban Mercedes Vieito, Xosé Lesta Meis, Roberto Blanco Torres, Victoriano Taibo, Xosé Filgueira Valverde, Xosé Otero Espasandín, Xavier Bóveda, Andrés Muruais, Ramón Armada Teixeiro, Abdón Rodríguez Santos e Xesús Golmar.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Edición facsímile dos anos 1917-1918 do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana Categoría:Prensa nacionalista galega