A Asociación Internacional dos Traballadores (AIT, ou IWA) é unha organización transnacional anarquista que une a sindicatos de diferentes países de ideoloxía antiautoritaria, na súa maioría anarcosindicalistas, aínda que tamén federa organizacións de traballadores con fins revolucionarias. O seu lema oficial na actualidade é: «Contra a globalización, internacionalismo proletario. Nin guerra entre pobos nin paz entre clases».
Entre o 25 de decembro de 1922 e o 2 de xaneiro de 1923 diversos grupos anarcosindicalistas refundaron en Berlín a AIT, trazando as súas orixes na Primeira Internacional (1864-1876) e considerándoa continuadora desta.
Entre o 8 e o 10 de decembro de 2006, no 23º Congreso da organización, celebrado en Manchester (Inglaterra), decidiuse mudar a sede de Oslo (Noruega), a Belgrado (Serbia), onde estará ata o 2011.
Seccións da AIT Denomínanse seccións ós sindicatos nacionais adheridos á AIT. So pode haber unha sección por país. AIT Secção Portuguesa - Portugal Bulgarskaja konfederacija truda - Bulgaria CA-AIT - España Confédération Nationale du Travail (Confederación Nacional do Traballo) - Francia (sitio web) Confederação Operária Brasileira - Brasil Norsk Syndikalistisk Forbund - Noruega Priama Akcia - Eslovaquia (sitio web) Sindikalna konfederacija Anarho-sindikalistička inicijativa - Serbia (sitio web) Solidaridad Obrera - Chile (sitio web) Solidarity Federation - Reino Unido (sitio web ) Конфедерация революционных анархо-синдикалистов - Rusia (sitio web)
Véxase tamén
Outros artigos Primeira Internacional Internacional de Federacións Anarquistas Solidariedade Internacional Libertaria
Ligazóns externas Asociación Internacional dos Traballadores (en castelán ou inglés)
Categoría:Política Categoría:Sindicatos anarquistas