Pablo Muñoz Crespo, nado en San Sebastián de los Reyes o 4 de setembro de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Guadalajara, da Primeira Federación.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Alcobendas CF e do Chamartín Vergara, antes de ingresar en 2018 na do Rayo Vallecano. Na tempada 2021/22, capitaneando o equipo xuvenil, proclamouse máximo goleador do Grupo V da División de Honra, con 19 goles, a pesar de non xogar como dianteiro.

Para a tempada 2022/23 foi subido ao filial do club, o Rayo B, equipo da Terceira División RFEF, onde disputou 26 partidos e marcou 5 goles. O 18 de outubro de 2022 debutou co primeiro equipo na Primeira División, nun derbi ante o Atlético de Madrid no Estadio Metropolitano no que o adestrador Iraola lle deu entrada nos minutos finais como substituto de Álvaro García.

O 1 de setembro de 2023, anunciouse o seu traspaso ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF. Con todo, non chegou a contar coa confianza do técnico Imanol Idiakez, sumando só 20 minutos en liga durante a primeira metade da competición. En xaneiro o club cedeuno ao Atlético Baleares ata final de tempada. No equipo balear tampouco contou apenas con oportunidades, disputando só 155 minutos repartidos en catro encontros, e non puido evitar o descenso do equipo á Segunda Federación.

De volta na Coruña, o Deportivo ampliou o seu contrato ata 2026 e cedeuno ao Marbella para a tempada 2024/25 da Primeira Federación. No conxunto andaluz foi titular na maioría de partidos da primeira volta e marcou dous goles, pero unha lesión muscular cortou a súa progresión. Na segunda metade do campionato encadeou titularidades e suplencias, pechando a campaña cun total de 25 partidos, 13 deles saíndo dende o once inicial.

En xullo de 2025 foi traspasado ao Guadalajara, da Primeira Federación.

Palmarés Deportivo da Coruña Primeira División RFEF (1): 2023/24.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiTotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesRayo Vallecano B2022/233ª RFEF 3 1 -- 31Rayo Vallecano2022/23Primeira201030Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF201030Atlético Baleares2023/241ª RFEF40--40Marbella2024/251ª RFEF24210252Total carreira 35 3 30 383 Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en San Sebastián de los Reyes Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do Marbella FC Categoría:Xogadores do Deportivo Guadalajara Categoría:Personalidades sen imaxes