A Polyommatus dorylas é un lepidóptero ropalócero da familia Lycaenidae.

Distribución Sur e centro de Europa, Turquía e Transcaucasia . Na Península Ibérica distribúese polo centro e norte, preferentemente en zonas montañosas.

Hábitat Lugares herbosos con flores, sobre terreo calcario. A eiruga aliméntase de Vulneraria (Anthyllis vulneraria).

Período de voo En altitudes elevadas hai unha xeración ao ano entre finais de xuño e agosto. En altitudes máis baixas bivoltina coa primeira xeración en maio e xuño e a segunda a finais de xullo e agosto. Hiberna como larva nova.

Comportamento Eirugas coidadas por formigas como Myrmica scabrinodis, Formica cinerea e Lasius alienus.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Asturnatura Biodiversidad Virtual Lepidoptera and their ecology

Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1823