miniatura|Self Portrait, 1890 Henri Rousseau, nado o 21 de maio de 1844 e finado o 2 de setembro de 1910, foi un pintor francés posimpresionista da arte naíf.

Vida Comezou a pintar como afeccionado, mentres traballaba como aduaneiro. Debido a este oficio foi coñecido como Le Douanier. No 1893 deixou o seu traballo para adicarse de cheo á pintura. Algúns membros xoves das vangardas, coma Picasso apoiaronno moralmente. Ridiculizado durante a súa vida, acabou sendo recoñecido como un xenio autodidacta cuxos traballos son dunha alta calidade.

Obra Habitualmente os seus cadros teñen un carácter onírico e introspectivo. En moitos dos cales predominaban a sinxeleza das formas e unha paleta de cores onde predominaban as cores claras. Refrexo en parte, da influencia de Corot, o cal era admirado por Rousseau. Algunhas das súas obras máis salientábeis son Notre Dame, pintado o 1909, no que unha figura solitaria podería ser o propio autor. Ou tamén The Snake Charmer, encargo do 1907 pola nai de Robert Delaunay, Berthe, Condesa de Delaunay.

Véxase tamén miniatura|dereita|The Snake Charmer, 1907 Outros artigos Impresionismo Postimpresionismo Paul Cézanne Harry Lachman Paul Gauguin Georges Seurat Henri de Toulouse-Lautrec Vincent van Gogh

Categoría:Pintores de Francia Categoría:Posimpresionismo Categoría:Nados en Laval Categoría:Nados en 1844 Categoría:Finados en 1910 Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Arte naíf