As linguas siníticas, (漢語族/汉语族), a miúdo coñecidas tamén como linguas chinesas, son un grupo de linguas analíticas de Asia Oriental que constitúen a rama principal da familia sino-tibetana. Con frecuencia proponse que hai unha división primaria entre as linguas siníticas e o resto da familia (as linguas tibetano-birmanas). Esta opinión é rexeitada por varios investigadores pero atopou apoio filoxenético entre outros. As linguas bai maiores, cuxa clasificación é difícil, poden ser unha rama do chinés antigo e polo tanto siníticas; dixo que "O bái... pode formar parte do grupo sinítico, aínda que está moi influenciado polo lolo-birmano". por outra banda, o grupo sinítico defínese só polas moitas variedades do chinés unificadas por un trasfondo histórico compartido, e o uso do termo "sinítico" pode reflectir a visión lingüística de que o chinés constitúe unha familia de linguas distintas, no canto de variantes dunha única lingua.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
.
Categoría:Linguas sino-tibetanas