Nymphalis antiopa é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae, amplamente distribuída por Eurasia e Norteamérica.
Características As súas ás granate escura caracterízanse por un bordo amarelo, que ten xunto a el unha banda de puntos azuis iridescentes. Vistas de preto, as ás son iridescentes. Ten unha envergadura de 73 a 86 mm. Ás veces aparece unha variación, cando a pupa estivo exposta a temperaturas infrecuentemente baixas, en que a banda amarela é máis ampla que o normal, e non presenta as manchas azuis. Envergadura 57-101 mm.Fonseca, V. 2000. "Nymphalis antiopa", Animal Diversity Web. Consultado o 23 de abril de 2009.
A eiruga chega a medir 50 mm. Ten pelos irritantes.
Distribución e hábitat Vive en Norteamérica, entre a liña da tundra de Canadá e Alaska polo norte, até a rexión central de México polo sur. Tamén é posible atopala en moi raras ocasións no norte de América do Sur. Tamén habita o norte de Eurasia, desde Inglaterra até Xapón. Vive en cursos de ríos, bordos de bosque ou zonas boscosas abertas e parques.Fonseca, V. 2000. "Nymphalis antiopa", Animal Diversity Web. Consultado o 23 de abril de 2009.
Alimentación As súas eirugas aliméntanse das follas de árbores deciduos, entre os que se atopan os olmos e salgueiros. Os adultos aliméntanse do zume das árbores, e de froita en descomposición, de maneira moi infrecuente aliméntanse do néctar das flores. Pasan o inverno no estadio adulto e por iso son das primeiras bolboretas que voan na primavera.Fonseca, V. 2000. "Nymphalis antiopa", Animal Diversity Web. Consultado o 23 de abril de 2009.
Subespecies
Nymphalis antiopa yedanula
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bugguide.net. Species Nymphalis antiopa - Mourning Cloak
Categoría:Lepidópteros de América do Norte Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758