Ángela Luz Banzas Guldrís, máis coñecida como Ángela Banzas, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1982, é unha escritora galega en lingua castelá.
Finalista do Premio Planeta 2025 por El color de la lluvia. Trátase dun drama histórico que conta unha historia de segredos familiares protagonizada por unha nena nada na posguerra e criada polos seus avós na Galicia rural.
Traxectoria Estudou Ciencias Políticas da Administración na Universidade de Santiago, cursando tamén o mestrado de Administración de Empresas na Escola Europea de Negocios de Madrid e un diploma na University of Cambridge.
Traballou na consultaría de Administración Pública antes de dedicarse á escrita de novela tipo thriller.
En 2021 publicou El silencio de las olas. Conta a historia de Adela Roldán, cuxa vida se ve afectada polo pesadelo que a atormenta desde a infancia e a leva a unha aldea galega para investigar. En 2022 seguiu con La conjura de la niebla, que mestura a superstición e as lendas galegas coa investigación e un segredo familiar, a desaparición dunha adolescente, que sacode a pequena localidade de Illa de Cruces -unha illa ficticia inspirada na Illa de Arousa-. En 2023 saíu La sombra de la rosa na que explora o terreo dos autores malditos e xunta misterio, intriga, crime, segredos familiares e relacións públicas, unha historia chea de misterio e malditismo ambientada na Illa de Cortegada. miniatura|Presentación de La sombra de la rosa, Bueu 21/09/2023. Centro Social do Mar, Libraría Miranda.
Obra
El silencio de las olas (2021). Debolsillo. 664 páxs. ISBN 9788491295051. La conjura de la niebla (2022). Suma. 464 páxs. ISBN 9788491295969. La sombra de la rosa (2023). Suma. 432 páxs. ISBN 9788491298007. El aliento de las llamas (2024). Suma. 400 páxs. ISBN 9788491298021.
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1982 Categoría:Novelistas de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela