Flora de Córdoba, máis coñecida como Santa Flora, foi unha muller mozárabe do século IX, martirizada nos tempos de Abderramán II. É considerada santa pola Igrexa católica.

Haxiografía

A fonte máis fiable sobre as vidas e martirios de Flora e María é Santo Euloxio, quen as coñeceu persoalmente e foi testemuña do seu martirio.

Flora naceu en Córdoba. Era filla de nai cristiá, natural de Ausinianos (a actual Villarrubia de Córdoba), e de pai musulmán, natural de Sevilla, que se estableceron en Córdoba. O matrimonio tiña varias fillas e un fillo. Flora era a máis nova. As irmás foron educadas na fe cristiá da súa nai e o fillo na musulmá do seu pai.

Flora era devota, austera e observadora da súa relixión, practicando xaxún a diario. En idade adolescente, Flora e os seus irmáns quedaron orfos de pai. Até ese momento practicara libremente o cristianismo, pero, a partir de entón, o seu irmán, de fe musulmá, tentou a conversión das súas irmás.

Durantes os anos comprendidos entre 850 e 860, houbo en Córdoba persecucións relixiosas contra os cristiáns que se saldaron coa morte dun cincuenta mártires mozárabes.

As irmás convértense pero Flora mantense firme nas súas crenzas. Flora finalmente foxe e escóndese, pero ante as represalias que o seu irmán está a tomar con algúns clérigos aos que acusaba de escondela, regresou a casa. Alí ratifícase na súa fe.

O irmán téntaa convencer con promesa e ameazas. Como Flora non cede, o seu irmán lévaa ante o tribunal, onde confesa ante o cadí o ser cristiá e o consagrar a Deus a súa virxindade. É torturada e flaxelada. Foi levada á súa casa para ser curada e tentar convertida ao islam, pero non renega da súa fe e novamente foxe.

Permanece un tempo en casa dun cristián e logo en Osaria, a actual Torredonjimeno. Atopouse con María na igrexa de Santo Acisclo cando rezaba para soportar o martirio. Decidiron entregarse xuntas. María foi condenada por blasfemia tras condenar a Mahoma ante o tribunal e Flora por apostasía, en 851. Presentouse voluntariamente ante o cadí, xunto con María, foi botada nun calabozo e, chegado o día da execución, é publicamente degolada tras persignarse. O seu corpo quedou exposto para escarmento e, tras uns días, guindado ao río Guadalquivir.

As cabezas de Flora e María depositáronse na igrexa de santo Acisclo.

Notas

Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Santos do catolicismo