A Vanessa atalanta é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae propia de Europa, Asia e Norteamérica.https://guadarramistas.com/2011/02/24/vanessa-atalanta-atalanta-numerada/https://www.descobreixmenorca.com/es/mariposas/numerada/https://wastemagazine.es/vanessaatalanta.htm
Descrición Caracterízase polas súas ás marrón escura, vermella e negra. A eiruga aliméntase de ortigas, e o adulto liba néctar de flores como as do xénero Buddleja; tamén se alimenta de froita moi madura.
Distribución Atópase nas rexións tépedas do norte de África, América do norte e central, Europa, Asia e nas illas de Hawai e do Caribe. No norte Europa é unha das últimas bolboretas en desaparecer antes do inverno. Os exemplares que hibernan adoitan ser de cores máis intensas que a outra xeración. A bolboreta tamén voa durante días asollados de inverno, sobre todo no sur Europa. En Norteamérica, xeralmente voa de marzo a outubro; pasa o inverno en Texas. miniatura|Vanessa atalanta no Generalife.
Migración No outono ten lugar unha migración masiva cara ao sur. A fins de outono ou principios de inverno aparéase. Os cardos, que son as súas plantas hospedeiras son máis abundantes nesa época. O desenvolvemento larval procede durante o inverno e os adultos emerxen na primavera temperá. A nova xeración emigra cara ao norte; as plantas das que se alimentan diminuíron nesa época. Durante a migración as bolboretas voan a grande altitude onde os ventos lévanas, o cal lles aforra enerxía.
Ciclo de vida
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Red admiral. Universidade de Florida Featured Creatures website. HD video of Vanessa butterflies Red Admiral, Canadian Biodiversity Information Facility Butterflies and Moths of North America – Vanessa atalanta Butterflies of America – Vanessa atalanta Fotos de la Vanesa Vanessa atalanta Vanessa en Bugguide.net Iowa State University. Department of Entomology. Red Admiral and Painted Lady Research Site
Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Lepidópteros de América do Norte Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Bolboretas de Galicia