A bolboreta monarca,Dossier informativo: Operación Monarca do CEIDA Danaus plexippus, é un insecto lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae, superfamilia Papilionoidea. É quizais a máis coñecida de todas as bolboretas de América do Norte. Desde o século XIX foi introducida en Nova Zelandia e en Australia. No Atlántico é residente nas Illas Canarias, Azores, Madeira e Andalucía, e atópase como unha ocasional migrante en Europa Occidental.
A subespecie D. plexippus plexippus leva a cabo unha das migracións máis extensas e abundantes de insectos. A xeración invernal "matusalén", que emigra cara ao sur no outono, é moito máis lonxeva que as outras. Outros lepidópteros con migracións notables son: a esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum), a Vanessa atalanta e a Vanessa cardui. D. plexippus plexippus atópase clasificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) como unha especie en perigo de extinción desde o 20 de xullo de 2022.
As súas ás son de cor laranxa con liñas negras e é facilmente recoñecible. A xeración de outono posúe unha gran resistencia e a lonxevidade de até nove meses, mentres que outras xeracións poden vivir até 24 días. Grazas a estas características pode viaxar até 4000 quilómetros desde Canadá e o norte dos Estados Unidos até os bosques de Abies religiosa no centro de México e de regreso.
Taxonomía e nomes É unha das doce especies do xénero Danaus segundo algúns autores. Hai 6 subespecies (aínda que tamén hai un pouco de desacordo sobre isto). A subespecie máis coñecida é D. plexippus plexippus, que emigra desde México e California do sur até Canadá. As restantes subespecies están distribuídas en América Central, o Caribe e o norte de Suramérica, chegando até o Amazonas. Estas subespecies non participan do fenómeno migratorio descrito noutras seccións deste artigo.
A D. plexippus foi unha das moitas especies orixinalmente descritas por Carl von Linné na súa Systema naturæ de 1758 e foi primeiramente incluída no xénero Papilio. En 1780, Jan Krzysztof Kluk usa á D. plexippus como especie tipo para o novo xénero Danaus. Como a gramática do latín require que o epíteto específico e o nome xenérico concorden, non está claro se o xénero Danaus provén de Dánao (grego Δαναός), un mítico rei de Exipto e bisneto de Zeus ou se é unha versión masculinizada de Dánae (grego Δανάη), tataraneta de Dánao. O nome da especie: plexippus, refírese a Plexipo, un dos 50 fillos de Exipto, e irmán mellizo de Dánao. En grego Homérico δαναος πληξιππος (danaos plexippos) tamén significa «un grego que doma cabalos», é dicir «auriga grego». esquerda|miniatura|208x208px|Eiruga de bolboreta monarca. O nome común «monarca» foi publicado en 1874 polo entomólogo e paleontólogo estadounidense Samuel Hubbard Scudder debido a que, na súa opinión, «é unha das máis grandes das nosas bolboretas, e cobre un vasto dominio». O seu nome tamén o foi na honra do rei Guillerme III de Inglaterra.
En México tamén é coñecida como bolboreta "cosechadora" xa que chega ao centro do país durante a época de colleita, e como "paloma".Galindo-Leal, C. e E. Rendón-Salinas. 2005. Danaidas: Las Maravillosas Mariposas Monarca. WWF México-Telcel. Publicación Especial No. 1. WWF-Telcel. 82 pp. alt=Fase larva|miniatura|Diferentes estadios de crecemento larvais de D. plexippus.
Ciclo de vida dereita|miniatura|O ciclo de vida da bolboreta monarca. miniatura|Eiruga de bolboreta monarca alimentándose do algodón de seda (Calotropis gigantea). En xeral a bolboreta monarca vive 4 días como ovo, 2 semanas como eiruga, 10 días como crisálide e de 2 a 6 semanas como adulto ou imago. Reprodúcese principalmente en zonas abertas, pasteiros, campos de cultivo, etc., onde crecen as asclepias que necesita para o desenvolvemento da larva.
O seu ciclo de vida iníciase como un oviño que non mide máis de 1 a 2 mm, depositado sobre unha destas asclepias. Esta fase dura de 3 a 8 días aproximadamente. Destes ovos xorde unha larva que comeza devorando os restos do seu ovo para logo alimentarse da planta sobre a que se realizou a posta. Conforme se alimenta convértese nunha eiruga robusta co patrón raiado característico. A larva pasa por cinco estadios antes de converterse en pupa.
Ao finalizar a fase de larva, fórmase unha pupa para poder realizar a metamorfose. Dela emerxe o imago convertido nunha bolboreta coloreada en negro e laranxa (raramente branco), coloración aposemática que advirte aos depredadores do seu sabor desagradable, o que lle permite disuadilos.
A duración de cada unha das etapas depende de varios factores, entre os cales a temperatura é moi importante.
O realmente sorprendente desta especie é que as bolboretas nadas a finais de verán e principios de outono compoñen unha xeración especial (xeración "matusalén"), que vive até 9 meses e realiza un ciclo completo de migración (ida e volta) desde Canadá até México seguindo a ruta trazada por xeracións anteriores.Galindo-Leal, C. e E. Rendón-Salinas. 2005. Danaidas: Las Maravillosas Mariposas Monarca. WWF México-Telcel. Publicación Especial No. 1. WWF-Telcel. 82 pp. Durante esta migración as bolboretas vanse reunindo en grandes grupos, chegando millóns delas aos lugares de invernada.
Migración dereita|miniatura|300x300px|Bolboretas monarca cobren completamente as árbores. A subespecie D. plexippus plexippus de bolboreta monarca é especialmente coñecida pola súa longa migración anual. Realiza migracións masivas cara ao sur, de agosto a outubro, mentres que migra cara ao norte na primavera.Robert Michael, National Audubon Society Field Guide to North American Butterflies.Alfred A. Knopf, Nova York, ISBN 0-394-51914-0
A poboación ao leste das Montañas Rochosas, que inclúe a máis do 95 % da poboación norteamericana, hiberna nos estados de México e Michoacán, México. A maioría dos sitios de hibernación foron incluídos na Reserva da Biosfera da Bolboreta Monarca. Estes santuarios foron declarados en 2008 como Patrimonio Natural da Humanidade pola UNESCO.
A poboación ao oeste das Montañas Rochosas, de moito menor tamaño (menos do 5 %) que a poboación oriental, hiberna en varios lugares da zona costeira central de California, Estados Unidos, principalmente en Pacific Grove, e Santa Cruz. A xeración que efectúa a migración é moi distinta ás outras xeracións. Os adultos da xeración migratoria viven até oito ou nove meses. A maneira en que a especie é capaz de volver aos mesmos sitios de hibernación tras varias xeracións aínda se investiga; os patróns de voo son herdados, baseados nunha mestura de ritmos circadianos e a posición do sol no ceo que están baseados nas súas antenas.Merlin C, Gegear RJ, Reppert SM. (2009). Antennal Circadian Clocks Coordinate Sun Compass Orientation in Migratory Monarch Butterflies. Science 325: 1700-1704. Kyriacou CP. (2009). Unraveling Traveling. Science 325:1629-1630
É un dos poucos insectos que logra realizar travesías transatlánticas. Unhas cantas bolboretas monarca chegan ao suroeste de Gran Bretaña e a España nos anos de ventos favorables, e mesmo se instalaron de forma permanente nas Illas Canarias desde 1804, en Tenerife e nos parques naturais do Estreito e Los Alcornocales, nas provincias de Cádiz e Málaga, grazas ao clima cálido e á existencia das plantas que necesitan para sobrevivir, introducidas polo home: a Asclepias curassavica, que debeu chegar desde América Central durante o século XVI, e a Asclepias fruticosa, que veu de África no XVIII.Cf. Alejandra Agudo, "La mariposa monarca ha llegado a Cádiz para quedarse", en El País, 30-III- 2012, http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/03/30/actualidad/1333110620_706425.html consultado 1-IV-2012, 7:41. J. Fernández Haeger e D. Jordano Barbudo, "La mariposa monarca Danaus plexippus (L., 1758) en el estrecho de Gibraltar (Lepidoptera: Danaidae)" en SHILAP Revista de Lepidopterología, vol. 37, núm. 148, decembro 2008, páxs. 221 a 238, http://www.redalyc.org/redalyc/pdf/455/45515028003.pdf, proxecto académico sen fins de lucro, desenvolto baixo a iniciativa de acceso aberto.
Datas miniatura|278x278px|D. plexippus. repousando nunha rama No outono (setembro e outubro), as bolboretas monarca de occidente realizan a súa viaxe de migración desde Canadá á costa de California en Estados Unidos para pasar o inverno en pequenos bosques de eucalipto, e as bolboretas monarca de oriente viaxan ao centro de México para pasar o inverno nos bosques de Abies religiosa e de piñeiro, por arriba dos 3000 m, nos estados de México e Michoacán. Nesta migración, as bolboretas monarca viaxan ao redor de 5000 km para pasar o inverno en México, onde permanecen aproximadamente cinco meses (novembro a marzo). Na primavera, iníciase o apareamento das bolboretas en México e o seu regreso cara ao norte a mediados de marzo. Esta xeración migratoria, coñecida como "matusalén" fai a viaxe completa de norte a sur e parte da viaxe de sur a norte.
Tamén existen poboacións residentes de bolboretas monarca que viven todo o tempo en México sen ser parte da migración, ademais das outras subespecies distribuídas no Caribe, América Central e norte de Suramérica.Monarch Joint Venture. Monarch MigrationBiological Journal. Non-migratory monarch butterflies, Danaus plexippus (L.), retain developmental plasticity and a navigational mechanism associated with migration
Reserva da Biosfera Bolboreta Monarca A talla preto das áreas de anidación das bolboretas suspendeuse. O 10 de novembro de 2000, creouse, por decreto presidencial, a Reserva da Biosfera Bolboreta Monarca, co que se ampliou a reserva a 56 259 hectáreas (13 552 hectáreas de zonas núcleo e 42 707 ha de zonas de amortecemento).
Cor e defensa contra os depredadores As cores amarela e negra da eiruga e laranxa e negra do adulto preveñen á maioría dos depredadores sobre o seu contido tóxico. Esta estratexia evolutiva funciona porque a maioría dos depredadores asocian cores charramangueiros (especialmente laranxa, amarelo e negro), con veleno e outras propiedades desagradables. A este fenómeno chámaselle aposematismo ou coloración de aviso. miniatura|400x400px|Unha monarca (esquerda.), e unha Limenitis archippus (dereita), mostrando o mimetismo de Müller. A bolboreta monarca contén glucósidos cardíacos no seu corpo, tomados das plantas de Limenitis archippus que as eirugas comen; intégranas nos seus tecidos e resultan velenosas para os depredadores. Aínda que a maioría dos depredadores evítanas existen algunhas especies que as comen. Por exemplo, as monarcas que pasan o inverno en México son a miúdo presas do Pheucticus melanocephalus que é inmune á toxina. Outras aves como as Icterus aprenderon a comer só os músculos do tórax e o contido do abdome debido a que estes conteñen menos veleno que o resto do corpo.James A. Scott (1986). The Butterflies of North America. Stanford University Press, Stanford, CA. ISBN 0-8047-2013-4 Algúns ratos son capaces de soportar grandes doses de veleno. Co tempo, as monarcas adultas que pasan o inverno son menos tóxicas, o que as fai máis vulnerables aos depredadores. En México, ao redor do 14 % das monarcas que hibernan son comidas por aves e ratos.Rick Cech e Guy Tudor (2005). Butterflies of the East Coast. Princeton University Press, Princeton, NJ. ISBN 0-691-09055-6
As monarcas comparten unha defensa pola súa aparencia moi semellante coa Limenitis archippus (non velenosa, aínda que recentemente comprobouse que ten mal gusto para os depredadores), nun exemplo de mimetismo mülleriano, aínda que ambas as especies pertencen a subfamilias diferentes.Ritland, D.; L. P. Brower (1991). "The viceroy butterfly is not a Batesian mimic". Nature 350 (6318): 497–498. doi:10.1038/350497a0. Visto 23 de feb 2008. "Viceroys are as unpalatable as monarchs, and significantly more unpalatable than queens from representative Florida populations." dereita|miniatura|Morfo branco da monarca de Hawai.