miniatura|379x379px| Sertão, en cor marrón. As outras subrexións do nordeste: Meio norte Agreste Zona de madeira O sertão do nordeste ou nordestino, tamén coñecido como sertão, é unha das catro subrexións da Rexión Nordeste do Brasil, a maior das cales en termos de área territorial. Esténdese polos estados de Alagoas, Baía, Ceará, Paraíba, Pernambuco, Piauí, Rio Grande do Norte e Sergipe.

Climatoloxía A diferenza doutros semidesertos do mundo, o sertão non bordea un gran deserto, senón zonas húmidas. Isto explica as súas peculiaridades biomáticas e a súa atipicidade demográfica. Comprende áreas dominadas por un clima tropical semiárido (cálido e seco),I. BOLIGIAN, Levon; II. MARTINEZ, Rogério; III. GARCIA, Wanessa; IV. Alves, Andressa; Geografia, Espaço e Vivência, 6ª série, cap.10, páx. 85, "O Agreste e o Sertão", 2005. que presenta altas temperaturas medias, entre os e (superior a nos días máis calorosos só no Raso da Catarina en Baía e no centro-sur de Piauí) e dúas estacións ben definidas: unha chuviosa e outra seca. As choivas concéntranse en só tres ou catro meses ao ano, e no Sertão as precipitacións alcanzan unha media de 750 milímetros anuais, con algunhas zonas con menos de 500 milímetros anuais.

Etimoloxía Hai dúas versións para explicar a orixe da palabra Sertão durante a colonización do Brasil polos portugueses. O primeiro argumenta que cando abandonaron a costa brasileira e se desprazaron cara ao interior, notaron unha gran diferenza climática nesta rexión semiárida. Por iso lle chamaban “deserto” ou "desertão", provocado polo clima cálido e seco. Logo, este nome sería entendido como "de sertão", quedando só a palabra Sertão. A segunda versión, máis fiábel, describe a palabra como derivada da palabra latina sertanus, que significa zona deserta ou deshabitada, que á súa vez deriva de sertum, que significa bosque.

Galegos no Sertão A maioría de galegos emigraron ás cidades de Río de Xaneiro e São Paulo no século XIX, sendo un dos fluxos migratorios máis importantes da historia do país. Mesmo sendo minoritaria no conxunto do Brasil, tamén houbo migración galega a zonas rurais e do Sertão. Porén, no propio Sertão houbo un éxodo interno, provocado polas condicións climatolóxicas semiáridas. Sinaláronse coincidencias na música e a literatura dese sentimento de saudade, con referencias á terra de orixe, e outras coincidencias como a tradición dos repentistas e regueifeiros en ambas tradicións culturais, ou versións de danzas estendidas por moitos países do mundo, como as polcas schottische que deron lugar ao forró.

No nordeste, a xente de cabelo claro é chamada galega, mesmo sen ser descendentes reais, xa que un gran número de galegos se asentou nesa rexión a comezos do século XX.

O Nadal no Sertão Na comarca do Grande Sertão Veredas existe unha forte tradición da Folia dos Três Reis Magos, que ten lugar todos os anos a principios de ano: os festeiros van de casa en casa e sérvenlles pan de queixo feito ao forno do país, pinga e café. Unha gran festa na casa dun dos festeiros ou devotos conclúe a celebración.

Véxase tamén

Galegos no Brasil

Ligazóns externas Páxina de Sude Páxina DNOCS

Categoría:Xeografía do Brasil Categoría:Emigración galega