O schottische, schotis ou chotis, entre outros nomes, é un tipo de composición e baile tradicional que se orixinou no século XIX e que aparentemente se orixinou en Bohemia.
Foi popular nos salóns de baile da época vitoriana como parte da moda do baile popular bohemio e deixou as súas pegadas na música folk de países e rexións do mundo, incluíndo Europa, América Latina e partes de Asia.
O paso básico schottische está formado por dous pasos laterais á esquerda e á dereita, seguidos dun xiro en catro pasos. En varios países, os pasos laterais e os xiros son substituídos por pasos de salto de Strathspey.
O schottische é considerado por The Oxford Companion to Music como unha especie de polca máis lenta, con orixe continental-europea.
Os schottisches bailados en Europa, onde se orixinaron, son diferentes de como se bailan nos Estados Unidos. A versión europea (ou continental), moitas veces chamada "skoteesh", adoita bailarse con música máis rápida e é bastante restrinxida nos seus movementos. A versión estadounidense adoita ser máis "aberta", coa primeira parte expresada por paseos, xiros individuais ou movementos similares, e a segunda parte máis frecuentemente expresada como un pivote próximo.
Terminoloxía O nome "Schottisch" é alemán e significa "escocés", pero, curiosamente, non se orixinou en Escocia, aínda que foi logo introducido alí como danza no mesmo século XIX. Estendeuse rapidamente a lugares da Arxentina, Finlandia, Francia, Italia, Noruega, Portugal, o Brasil, España, Suecia, Dinamarca, México ou os Estados Unidos, entre outros Estados nación actuais.
Na República Checa, actual Estado onde se sitúa a orixe probábel da danza, tamén era coñecida como "Šotyš". Báilase nas súas variantes folclóricas máis tradicionais como danza de exhibición, e tamén na escena balfolk.
É coñecido noutras linguas con outros nomes derivados, como chotis (termo aceptado en galego), schotis, schottis, xote ou xótis, chotiça, shodish, sciortis, sciotzè, sòtis etc. e variantes da mesma música e danza como chamamé, jenkka (letkajenka, letkiss), o norteño mexicano, ou directamente como variacións da polca (Bayrisch-Polka, polka tremblante ou "tramblanka" en Polonia, polca lenta en Chile etc.).
Orixes de difusión miniatura|255x255px| Schottische (chotis) en Madrid, agosto de 2017 A pesar do seu nome, o Schottisch non se orixinou en Escocia. Créese que a danza foi introducida nas illas británicas, onde se tornaron moi populares despois de fusionarse con outras variantes, desde a Europa continental arredor do século XIX.
En Alemaña e Austria, coñecéronse variantes como o Rheinländer ou o Bayrisch-Polka. En Madrid, a danza converteuse no popular "chotis", un símbolo da cidade. Algunhas das melodías, como "Madrid, Madrid, Madrid" do compositor mexicano Agustín Lara, foron moi coñecidas, e os autores das zarzuelas crearon unha serie de novos chotis.
Illas británicas e mundo anglosaxón En Irlanda está intimamente relacionado co tipo de melodía highland, aínda que posúe proporcións máis altas de negras.Vallely, F. (1999). The Companion to Traditional Irish Music. New York University Press: New York, pp. 187–188, 330 O chamado "schottische alemán" ou só "alemán" (Gearmáinis) foi popular en Donegal e na diáspora irlandesa, especialmente Filadelfia. Tamén coñecido como "barn", é un baile a dúas mans con melodías que rematan cada frase de oito compases con tres negras lixeiramente acentuadas. No sur dos Estados Unidos a principios do século XX o schottische combinouse co ragtime; o "ragtime schottische" máis popular da época foi "Any Rags" de Thomas S. Allen en 1902. En Nova Orleans, a banda de Buddy Bolden e outros grupos de proto-jazz eran coñecidos por tocaren schottisches. En Australia houbo compositores destas danzas, como Christian Helleman e Henry Marsh.
En Escocia, o Highland Schottische combina elementos do schottische tradicional co reel, con dúas formas principais. Ambas teñen un ritmo parecido á polca, asociadas ás melodías "Brochan Lom" e "Laddie With the Plaidie". Na versión máis popular de céilidh, acompañada de exclamacións, o home sitúase á esquerda, a muller á dereita, e únense coas mans esquerdas, co brazo dereito do home no ombreiro da muller. Comezan con pasos de Highland antes de avanzar e pivotar, e rematan con saltos e xiros. Unha variante coñecida como peacock dance "danza do pavo real", popular en Argyll nos anos 1920 e 30, destacaba os pasos do home. Nunha versión simplificada non se require a unión de mans, pero os bailaríns sostéñense mutuamente co brazo ao redor da cintura.
Schottisch en Iberoamérica O Schottisch viaxou a Iberoamérica coas vagas migratorias europeas, onde foi adaptado e modificado de acordo coas tradicións locais. En México, por exemplo, é tocado en diferentes rexións, particularmente no norte do país (chamado norteño), con instrumentos tradicionais como o acordeón. Na Arxentina, introducida por inmigrantes alemáns do Volga e derivado en chotis e chamamé, en Uruguai e en Chile, a danza foi introducida no século XIX e tamén foi adaptada á música local.
En Portugal, unha forma de schottische chamada xoutiça, xote, xótis, chótis ou pisadinha quedou moi estandarizada para exhibicións de folclore. As parellas, formando círculos de 4, 6 ou 8, danzan abrazadas e xirando en conxunto. Posteriormente, cruzan no centro do círculo e, após varios cruces, agrúpanse no centro. Todos os movementos son executados en parella, sen intercambiar de compañeiro.
No Brasil, o xote desenvolveuse en gran medida na zona nordeste, especialmente no Sertão, onde creou variacións como baião e arrasta-pé, que adoitan agruparse na denominación de forró. Todos estes ritmos son típicamente bailados por parellas, sendo xote o estilo de baile máis lento e sinxelo, no que a parella alterna pasos esquerda-esquerda-hop-dereita-dereita-hop.
Galiza, Schottish e polcas Aínda que Galiza non ten unha tradición específica do Schottisch, a presenza da polca é moi significativa no país. Diversas polcas, máis lentas ou máis animadas, tiveron ampla presenza música tradicional galega e de folk con numerosos grupos e artistas incorporando este ritmo nas súas composicións. Artistas e grupos tradicionais galegos, como Milladoiro, Luar na Lubre, Susana Seivane, Matto Congrio e moitos outros teñen nas súas discografías mostras de polcas, lentas ou rápidas, e o Schottish ou polca lenta é ás veces incluído en eventos temáticos de danza.
Notas
Véxase tamén
miniatura|Partitura de Schottisch bávaro. Outros artigos Baile Céilidh Danza Écossaise Polca Scotch snap Ligazóns externas
Schottische within traditional dances of the County of Nice (France) Condado de Niza. How to Dance the Schottische including a short history Pasos simples da danza, en inglés. Description and Pictures from the 1939 book "Cowboy Dances" by Lloyd Shaw Imaxes e descrición Beadle's Dime Ball-Room Companion and Guide to Dancing. Nova York, Beadle and Company 1839, copia na Library of Congress
Categoría:Danza Categoría:Música da Arxentina Categoría:Música da Bretaña Categoría:Música de Alemaña Categoría:Música de Austria Categoría:Música de Galicia Categoría:Música do Reino Unido Categoría:Música da República Checa Categoría:Música do Uruguai Categoría:Música do Brasil Categoría:Música de España Categoría:Música de Escocia Categoría:Música de Irlanda Categoría:Música de Irlanda do Norte Categoría:Música de Finlandia Categoría:Música de Francia Categoría:Música de Italia Categoría:Música de Suecia Categoría:Música de Dinamarca Categoría:Música de México Categoría:Música dos Estados Unidos de América Categoría:Música de Portugal Categoría:Música de Noruega Categoría:Música afroamericana