Glenn B. Smedley, nado no condado de Sangamon, Illinois o 13 de xullo de 1902 e finado en Colorado Springs, Colorado, o 31 de decembro de 1987, foi un numismático estadounidense.

Traxectoria

Glenn Smedley naceu en 1902 no condado de Sangamon, en Illinois. Desenvolveu a súa carreira profesional en Chicago, como enxeñeiro eléctrico na compañía Commonwealth Edison, ata a súa xubilación en 1964."Smedley, Glenn B. (1902-1987)". Coins Weekly (coinsweekly.com). En 1977 trasladouse a Colorado Springs, no estado de Colorado.

Á marxe da súa dedicación profesional, Smedley dedicou os seus esforzos á numismática, un ámbito no que se introduciu como coleccionista de moedas estadounidenses na década de 1930 e de billetes a partir de 1950. Durante décadas estivo moi vinculado á American Numismatic Association (ANA), de cuxa xunta directiva formou parte entre 1953 e 1957, e novamente de 1967 a 1973, e co cargo de vicepresidente primeiro no período 1957-1959. Tamén dirixiu a publicación desta entidade, The Numismatist, primeiro como editor adxunto (1959-1966) e finalmente como editor principal durante un breve período (abril de 1966 a febreiro de 1967), posto no que foi substituído por Edward Rochette. Nesta publicación foi autor dunha boa cantidade de artigos, e mantivo unha popular columna de aparición mensual baixo o título de "Numismatic Vignettes", entre 1960 e 1985. Outros artigos seus apareceron tamén noutras publicacións numismáticas, como Numismatic Scrapbook Magazine ou Essay-Proof Journal.

Entre outras entidades do ámbito asociativo, Smedley foi o fundador da Society of Paper Money Collectors a principios da década de 1960, na que ocupou diversos cargos, entre eles a presidencia entre 1969 e 1971."Glenn Smedley". Society of Paper Money Collectors (SPMC.org). Foi presidente do Chicago Coin Club en 1960, formou parte da xunta directiva da Central States Numismatic Society, e foi membro da California State Numismatic Society. Fóra dos Estados Unidos, pertenceu tamén á Real Asociación Numismática do Canadá e foi vicepresidente honorario da Asociación Numismática de Australia Meridional.

Como coleccionista, Smedley centrou o seu interese no papel moeda, sinaladamente os antigos billetes de banco de Illinois, e tamén coleccionou viñetas, probas de ensaio, gravados, e obras e obxectos relacionados co artista Victor David Brenner, sobre o que tamén publicou varios artigos. O catálogo de Smedley que recolle as medallas creadas por Brenner, publicado nos números de xullo e agosto de 1983 de The Numismatist —con suplementos en decembro de 1984 e abril de 1987—, considérase o traballo de referencia sobre o tema.

O derradeiro día de 1987, Glenn B. Smedley faleceu en Colorado Springs, como consecuencia dun enfisema."Obituaries: Glenn B. Smedley". En The Numismatist. Vol. 101. Nº 2. Febreiro de 1988. Páxinas 344-345. Recoñecementos

1953: Medalla ao Mérito da American Numismatic Association.Smith, P. (2012). "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 1955: Medalla ao Mérito do Chicago Coin Club. 1960: Premio Farran Zerbe Memorial, da American Numismatic Association. 1974: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 1980: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award ". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org). 1982: Incluído no Salón da Fama da American Numismatic Association."Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association. 2014: Incluído no Salón da Fama da Society of Paper Money Collectors."Hall of Fame". Society of Paper Money Collectors (SPMC.org). 2019: Incluído no Salón da Fama do Chicago Coin Club."Glenn Smedley Honored by Chicago Coin Club". En Numismatic News. 4 de agosto de 2019."Chicago Coin Club Inducts Glenn B. Smedley Into Hall of Fame". En Coin Week (Coinweek.com). 30 de xullo de 2019.

Premio Glenn Smedley Memorial

A American Numismatic Association instituíu ademais o premio Glenn Smedley Memorial, en recoñecemento aos servizos prestados por el á institución ao longo de varias décadas."Awards Categories". American Numismatic Association (Money.org).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Smedley, Glenn B.". En American Numismatic Biographies. Páxina 390.

Ligazóns externas

Vídeo: Entrevista a Glenn Smedley por David Lisot (1986)

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Nados no condado de Sangamon Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Enxeñeiros eléctricos Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes