Pilar Magadán Chao, nada en Meira o 17 de novembro de 1930 e finada en Salamanca o 4 de marzo de 2016,J. L. Puerto: “Pilar Magadán”. El Adelanto, 6 de xuño de 2006. foi unha musicóloga e intérprete galega.

Traxectoria Filla de Manuel Magadán López e de Asunción Chao Abraira, en 1942 aprobou o exame de ingreso no Instituto de Lugo. Residiu en Salamanca desde 1943, e alí estudou peritaxe mercantil, ao tempo que fixo solfexo, harmonía, piano e órgano nos conservatorios de Salamanca e Madrid. Estudou canto na Coruña con María Fraga Irure e en Santander co profesor Llompart.

Baixo a dirección do musicólogo salmantino Aníbal Sánchez Fraile estudou a obra de Francisco Salinas e dos cancioneiros de Dámaso Ledesma e do propio Sánchez Fraile, así como a relación musical e literaria de varias obras de Juan del Encina coa tradición popular cantora de Salamanca.“Un doble triunfo de D. Aníbal Sánchez Fraile”. El Adelanto, 9 de decembro de 1969.J. I. Yuste: “Pilar Magadán y la enseñanza musical”. El Adelanto, 9 de decembro de 1969. En 1970 fundou o grupo musical Voces Blancas Salmantinas.“Recital de canción popular salmantina”, El Adelanto, 10 de febreiro de 1970. En decembro de 1974, por encargo da Deputación de Salamanca, creou a Escuela de Instrumentistas Populares e desenvolveu unha metodoloxía para a aprendizaxe da gaita e o tamboril salmantinos. Deixou o cargo en 1978.“Dimite la directora en la escuela de tamborileros”. Palenque, 9 de outubro de 1978.

En 1976 ingresou como membro de número do Centro de Estudios Salmantinos, coa lectura do discurso La canción popular salmantina universal y universitaria, nun acto celebrado na aula Francisco Salinas da Universidade de Salamanca que contou coa presenza de alumnos de dita escola acompañando a actuación do grupo Voces Blancas Salmantinas. Entre 1977 e 1980 o conxunto gravou cinco discos baixo dirección de Pilar Magadán, nos Estudios RCA de Madrid, coa interpretación e análise dunha escolma de tonadas e tocatas salmantinas. A edición, patrocinada pola Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Salamanca, reeditouse en CD en 1999 co financiamento de Caja Duero.A. Sánchez: “Las Voces Blancas Salmantinas reeditan sus cinco grabaciones”, El Adelanto, 23 de decembro de 1999.

En 1991 o pleno do Concello de Ciudad Rodrigo nomeouna membro de número do Centro de Estudios Mirobrigenses. Ingresou o 29 de xuño de 1994 coa lectura do discurso El Santuario de la Peña de Francia y la Diócesis de Ciudad Rodrigo a través de la Canción Popular, nun acto celebrado no claustro da catedral de Ciudad Rodrigo.J. Tomás Muñoz: “Ingreso en el CEM”, El Adelanto, 1 de xullo de 1994. O discurso reeditouse no ano 2000 acompañado dun disco coas interpretacións de Voces Blancas Salmantinas. Á súa vez o discurso incluíuse no volume La Peña de Francia también es música xunto cos traballos Fiesta en la Peña de Francia e Serranas fuentes inéditas sobre el Santuario de la Peña de Francia.

En febreiro de 1999 o Concello de Ciudad Rodrigo e o CEM encargáronlle un informe sobre o arquivo musical de Dámaso Ledesma, custodiado pola súa familia. O posterior informe fixo que a Biblioteca Nacional de España adquirise o arquivo.

Foron múltiples as actividades de Pilar Magadán, individualmente e co seu grupo: cursiños, recitais e activa colaboración en festas populares de localidades salmantinas; colexio maior San Pablo, de Madrid; Universidade Menéndez Pelayo e Museo de Prehistoria de Santander; Otoño Musical de Aranda de Duero; Jornadas Internacionales de Estudio de El Rebollar (Departamento de Español da Universidade de Orleáns); Cursos de Estranxeiros na Universidade Pontificia de Salamanca. Na Universidade Civil, a Capela do Estudo Salmantino contou coa intervención coral de Voces Blancas Salmantinas, durante os oficios de Semana Santa e na Festa do Corpus Christi, dende 1971 até 1986.

Recoñecementos Encina Charra da vila de Ciudad Rodrigo polo seu labor na música tradicional salmantina (1986).

Obra Cancionero Gallego (Galaxia, 1974) Notas sobre la canción popular salmantina (Salamanca: El Adelanto-Varona, 1982). Compilación de artigos publicados no xornal El Adelanto e en diversas revistas xunto co discurso de ingreso no CES. Fiesta en la Peña de Francia (Salamanca: Editorial San Esteban y Tecnosaga, 1989) El Santuario de la Peña de Francia y la Diócesis de Ciudad Rodrigo a través de la Canción Popular (Ciudad Rodrigo: CEM - Ayuntamiento de Ciudad Rodrigo, 1994)

Discografía Voces Blancas Salmantinas (RCA, 1977) Voces Blancas Salmantinas II (RCA, 1978) Por tierras salmantinas (RCA, 1979) Salamanca, Música popular (RCA, 1979) Villancicos de Salamanca (RCA, 1980)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

“Magadán Chao, Pilar”, en VV. AA., Gran Enciclopedia Gallega, t. XXVII, Lugo, El Progreso, 2003, pp. 131-132. E. Cobo (2004). “Pilar Magadán y los cancioneros salmantinos”, en Audio-Clásica n.º 95. D. Preciado (1984). “Magadán Chao, Pilar”, Revista de Musicología, VII, 1, p. 235. Manzano Alonso, Miguel: "Pilar Magadán Chao". Diccionario biográfico español, RAH.

Categoría:Nados en Meira Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Musicólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes