Diario de Galicia foi un diario galego publicado en Vigo de 1988 a 1989.

Historia e características O primeiro número apareceu o 12 de marzo de 1988 e desapareceu o 4 de febreiro de 1989. Camilo Prado Freire era o presidente do Consello de Administración e Carlos Gil o xerente. O que inicialmente ía ser o seu director, Segundo Mariño, foi substituído por Xosé Antón Gaciño, que ao cabo de seis meses deu paso a Antonio Ojea. Malia a súa curta vida tivo unha forte repercusión na escenario da prensa galega, e aínda que maioritariamente en castelán o uso do galego era bastante maior que no resto dos diarios galegos.

No xornal colaboraban figuras da cultura galega como Manuel Rivas (subdirector), Xavier López Rodríguez, Delmi Álvarez, Carlos Lema, Pepe Carreiro, Pepe Barro, Primitivo Carbajo, Santiago Romero, Blanca Gefaell, José Ángel González, Joaquín Pedrido, Suso Iglesias e X. M. Albán (fotógrafo).

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Diario 16 de Galicia Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas , Marcos (19/2/2012). "A clave do peche do Diario de Galicia estivo nos erros internos de xestión" Praza.gal.

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1988 en Galicia