miniatura|300px|Vías hispánicas recollidas no Itinerario de AntoninoO denominado Itinerario Antonino ou Itinerario de Antonino ou Itinerario de Antonino Augusto Caracalla (en latín: Itinerarium Provinciarum Antonini Augusti) é unha recompilación de rutas do Imperio Romano. Deste itinerario soamente se conserva a copia procedente da época do emperador Diocleciano (século IV), mais suponse que foi redactado polo século III ou, segundo outros autores, a mediados do século IV.VV.AA. (1991), p. 122

En cada ruta identificábanse mansio (paradas de postas)As mansio (en plural, mansiones) eran lugares con parada e instalacións para os viaxeiros do servizo de correo romano, o Cursum publicus. coas súas correspondentes millas (sinaladas por un ou varios miliarios). Nun principio pensouse que era unha especie de guía de viaxes, mais polas súas características, semella ser feito co fin de facilitar a localización das mansións con fins recadatorios ou, quizais, con finalidade cultural ou literaria.

Copias e datación Aínda que o seu título alude a un dos emperadores da dinastía antonina (138-222) e foi atribuído regularmente a Antonino Pío ou Caracalla sen probas concluíntes,Friedman & Figg (2013), p. 29 as reavaliacións máis recentes sitúan a composición do documento, que abrangue un período de 75 anos,Adkins & Adkins (2014), p. 187 cara a finais do século III ou mesmo mediados do século IVCadiou (2017), p. 280 xa que varios topónimos suxiren que non pode remontarse a antes das reformas administrativas de Diocleciano na década de 280.

Malia o seu nome, non parece estar relacionado co emperador Antonino Pío, senón con Marco Aurelio Antonino, coñecido como Caracalla, quen gobernou entre o 211 e o 217, e durante este tempo comezaríase a compilar o itinerario, que sufriu varias modificacións posteriores polo que, deste itinerario, só se conserva a copia da época de Diocleciano (século IV); porén, hai uns vinte manuscritos entre o século VII e o XV no que se fai alusión ao itinerario.

Características Forma parte dos itineraria adnotata, é dicir, que, a diferenza da Táboa de Peutinger, non inclúe unha representación cartográfica. Abrangue unha gran parte do mundo romano, pero non a súa totalidade, sen que se saiba por que. O documento indica as distancias entre os sitios mencionados, xeralmente expresadas en milia pedium (milla romana, o equivalente a mil pasos, aproximadamente), agás na Galia onde é leuga (legua).

Consta de 2 seccións que son independentes:

o itinerarium provinciarum, no que se enumera e describe 255 rutas e itinerarios ao longo das principais vías romanas de todo o Imperio. Están definidos por un título que indica os dous terminais (un lugar de saída e un de chegada) e a distancia total, así como a lista de etapas intermedias coas súas respectivas distancias parciais, que van de oeste a leste dende Mauritania até as beiras do Éufrates e de norte a sur desde a Muralla de Hadrián até Asuán, e que cobren unha distancia total de aproximadamente 85.000 quilómetros. o Imperatoris Antonini Augusti Itinerarium maritinum, que inclúe unha breve sección sobre algunhas rutas marítimas e illas, parte do itinerario marítimo de Roma a Arles. Tampouco se sabe con certeza cal era o seu uso. Algunhas partes poderían corresponder a rutas do cursus publicus tomadas polas tropas imperiais e a ruta máis longa, que vai de Roma a Alexandría, podería corresponder á viaxe de Caracalla en 214-215. Tamén podería ser un conxunto de mansións con celeiros onde se almacenaban subministracións.Chevallier (1997)

Malia os numerosos erros que conteñen as copias, sobre todo nos números, que dificultan o seu uso, a rareza deste tipo de documento convérteo nunha fonte moi valiosa sobre a xeografía do Imperio, en particular para identificar localidades antigas ou vías desaparecidas. Empregado polos cartógrafos medievais, inspirou notablemente ao autor do Mapa de Hereford.

As vías na península No documento sinálanse 372 camiños con 85.000 quilómetros percorrendo todo o imperio; 34 rutas correspóndense coas provincias de Hispania e 3 delas á provincia da Gallaecia.Sáez Taboada (2002), p. 390 VíasNomePrincipio FinalDistancia (en millas romanas)IDe Italia a HispaniaMediolanum (Milán)Legio VII Gemina (León)1.257IIItem ab Arelato Narbone (Vía Augusta)Arelate (Arles)Castulo (Cástulo)898IIIItem a Corduba CastuloneCorduba (Córdoba)Castulo (Cástulo)99IVAlio Itinere a Corduba CastuloneCorduba (Córdoba)Castulo (Cástulo)78VItem a Castulone MalacamCastulo (Cástulo)Malaca (Málaga)291VIItem a Malaca GadisMalaca (Málaga)Gades (Cádiz)145VIIItem a Gadis CordubaGades (Cádiz)Corduba (Córdoba)294VIIIItem ab Hispali CordubaHispalis (Sevilla)Corduba (Córdoba)94IXAb Hispali ItalicamHispalis (Sevilla)Itálica6XItem a Hispali EmeritamHispalis (Sevilla)Augusta Emerita (Mérida)162XIItem a Corduba EmeritamCorduba (Córdoba)Augusta Emerita (Mérida)144XIIItem ab Olisippone EmeritamOlisipo (Lisboa)Augusta Emerita (Mérida)161XIIA Salacia OssonobaSalacia (Alcácer do Sal)Ossonoba (Faro)16XIVAlio Itinere ab Olisippone EmeritamOlisipo (Lisboa)Augusta Emerita (Mérida)145XVItem Alio ab Olisippone EmeritamOlisipo (Lisboa)Augusta Emerita (Mérida)220XVIItem ab Olisippone Bracaram AugustaOlisipo (Lisboa)Bracara Augusta (Braga)244XVIIItem a Bracara AsturicamBracara Augusta (Braga)Asturica Augusta (Astorga)247XVIIIItem Alio itinere a Bracara AsturicaBracara Augusta (Braga)Asturica Augusta (Astorga)215XIXItem a Bracara AsturicaBracara Augusta (Braga)Asturica Augusta (Astorga)299XXItem per loca marítima a Bracara Asturicam usqueBracara Augusta (Braga)Asturica Augusta (Astorga)207XXIItem de Esuri Pace IuliaEsuris (Castro Marim)Pax Iulia (Beja)267XXIIItem de Esuri per Comperium Pace IuliaEsuris (Castro Marim)Pax Iulia (Beja)76XXIIIItem ab Ostio Fluminis Anae Emeritam usqueDesembocadura do Ana (Guadiana)Augusta Emerita (Mérida)313XXIVItem ab Emerita CaesaraugustaAugusta Emerita (Mérida)Caesaraugusta (Zaragoza)632XXVAlio Itinere ab Emerita Caesara AugustaAugusta Emerita (Mérida)Caesaraugusta (Zaragoza)348XXVIItem ab Asturica CaesaraugustaAsturica Augusta (Astorga)Caesaraugusta (Zaragoza)497XXVIIItem ab Asturica per Cantabria CaesaraugustaAsturica Augusta (Astorga)Caesaraugusta (Zaragoza)301XXVIIIItem ab Turassone CaesaraugustamTuriaso (Tarazona)Caesaraugusta (Zaragoza)56XXIXPer Lusitaniam ab Emerita CaesaraugustamAugusta Emerita (Mérida)Caesaraugusta (Zaragoza)458XXXItem ab Liminio ToletumLaminium (Fuenllana)Toletum (Toledo)95XXXIItem a Lamio alio itinere Caesarea AugustaLaminium (Fuenllana)Toletum (Toledo)249XXXIIItem ab Asturicam TerraconeAsturica Augusta (Astorga)Tarraco (Tarragona)482XXXIIIItem a Caesarea Augusta BeneharnoCaesaraugusta (Zaragoza)Benearnum (Lescar)112XXXIVDe Hispania in Aquitania, ab Asturica Burdigalam (Vía Aquitania)Asturica Augusta (Astorga)Burdigala (Bordeos)421

As vías romanas na Gallaecia A Gallaecia estaba atravesada por catro vías romanas que comunicaban Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) por varios itinerarios: a vía XVII (por Chaves), a vía XVIII ou vía Nova (por Sandiás), a vía XIX (por Caldas de Reis) e a vía XX (por Brigantium). Grazas ó itinerario localizáronse gran cantidade de mansións desaparecidas.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Táboa de Peutinger Vía XVIII Vía XIX Vía XX Ligazóns externas Presentación das rutas hispánicas do Itinerario de Antonino(en español), arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2012 Iternerarium Antonini Avgvsti et Hierosolymitanvm, en Internet Archive. Itinerario de Antonino (copia dixital a cor, dun manuscrito do século XIX, que recolle o referido á península). Biblioteca dixital de Andalucía.

Categoría:Xeografía do Imperio Romano Categoría:Vías romanas