Eduardo Pantaleón Saúl, nado en Portugal cara a 1897 e finado na Guarda en 1958, foi un político galego.

Traxectoria Presidente do Deportivo Guardés en 1928, volveu ser elixido en xaneiro de 1929.El Pueblo Gallego, 4-1-1929, p. 2. Fundador e presidente do Ateneo de Divulgación Social da Guarda, vencellado á CNT.O Concello rescata para á memoria as historias das mulleres guradesas Militou no Partido Galeguista. Foi concelleiro da Guarda.Base de datos de concelleiros represaliados Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar o 27 de setembro de 1937, foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso da Illa de San Simón. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1940.El Compostelano, 27-9-1940, p. 2.

Vida persoal

Casou con Teresa Estévez Fernández, filla de Antonio Estévez Mera, fundador da Confitería Estévez. Notas

Categoría:Concelleiros da Guarda

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Portugal

Categoría:Nados en 1897

Categoría:Finados en 1958