Vanishing Point é o quinto álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Primal Scream, publicado o 7 de xullo de 1997 a través do selo Creation Records no Reino Unido e de Reprise Records nos Estados Unidos. O disco chegou ao número 2 da lista británica de álbums. O traballo inspírase en xéneros como dub, ambient, dance, e krautrock, ademais de bandas como Motörhead, Can, e The Stooges. Foi o primeiro álbum da banda en contar con Gary 'Mani' Mounfield ao baixo, anteriormente membro de The Stone Roses, aínda que Marco Nelson gravou os baixos en "Burning Wheel", "Star", "If They Move, Kill 'Em'", e "Stuka". Outros convidados en Vanishing Point foron Augustus Pablo, Glen Matlock, e The Memphis Horns.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Primal Scream Categoría:Álbums musicais de 1997 Categoría:Álbums de Creation Records Categoría:Álbums de Reprise Records