Santa María de Pino (ata 2026 Piño) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.

Segundo o INE, en 2025 tiña 83 habitantes (38 homes e 45 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 113 habitantes. En 1991 tiña 166 habitantes.

Limita ao norte coas parroquias de Mosteiro e Freituxe, ao sur coa Parte e Eixón, ao leste coa Ferreirúa, Veiga e Santalla de Rei, e ao oeste con Ribas Pequenas.

Historia Consérvanse restos dun castro prehistórico moi preto da actual localización da aldea. Fúndase con carácter de parroquia de Santa María de Pino o 18 de maio do ano 1222. No ano 1477 o abade de Castro de Rei de Lemos afóralle a Pedro Fernández o casal de Pino.

Nalgúns documentos do século XIII esta parroquia aparece co nome de Ecclia Pinu, Sancta María.

Patrimonio artístico Igrexa parroquial de Santa María. Data do século XIX. Posúe unha nave rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas augas. A fachada ten unha porta adoelada, a sancristía atópase acaroada ó presbiterio. Ten retablos e esculturas no interior, algunhas da anterior edificación. Capela de Balboa. Construíuse no ano 1634 por D. Matías López Pallares

Festividades As festas da Santa Bárbara celébranse o primeiro sábado despois da Ascensión, normalmente no mes de maio.

Lémbranse cabezudos percorrendo as rúas do lugar. Na actualidade hai alborada con gaiteiros, banda ou charanga, misa solemne con procesión, xogos para os pequenos no serán e a noitiña orquestra.

O 15 de agosto celébrase a Santa María, patroa da parroquia.

Lugares e parroquias Lugares de Pino

Parroquias da Pobra do Brollón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón Ligazóns externas Santa María de Pino

Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María