San Pedro de Cereixa é unha parroquia da Pobra de Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.
Segundo o INE, en 2025 tiña 105 habitantes (50 homes e 55 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 157 habitantes. En 1991 tiña 227 habitantes.
Limita ao norte coas parroquias de Eixón e Castrosante, ao sur con Pinel e Abrence, ao leste coa Pobra do Brollón e Castroncelos, e ao oeste con Fornelas e Chavaga.
Historia Na zona de Alende hai restos do castro de Alende. Nesta parroquia naceu María Castaña, impulsora das revoltas contra o bispo de Lugo no século XIV. Na zona de Nogueiras hai os restos dun muíño no que a fidalga se reunía para planear as revoltas.
A parroquia foi concello ata a organización actual dos concellos co proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833, polo que en 2021 cumpriu o seu bicentenarioII Festival científico do CSIC na Pobra do Brollón, conmemorando o bicentenario do concello)
Patrimonio
dereita|miniatura|Capela e sepulcros no castro de San Lourenzo.
Igrexa de San Pedro, de planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas augas con tellado de lousa. No interior conserva esculturas. Capela de Nogueiras. Castro de San Lourenzo. No poboado fortificado construíuse unha capela na Idade Media, con sepulcros ao seu redor. Foi rehabilitada en 1875 e despois abandonada. Nas décadas de 1960 e 1970 levouse a cabo unha explotación de grava e area.
Castro de Alende.
Festividades As festas da parroquia celébranse na honra á Virxe do Rosario, en outubro.
Lugares e parroquias Lugares de Cereixa
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón
Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro