O Busto é unha aldea da parroquia de Saa no concello lucense da Pobra do Brollón. Aínda que no censo consta de 2 habitantes (1 home e 1 muller), está deshabitada.

Xeografía Está situada ao leste do concello, nos seus límites, a uns 1100 m de altitude, en plena Serra do Courel. Unha estrada sobe desde A Pobra en dirección á Pousa, Penadexo e Pradelas, e despois convértese nunha devasa de 4 km, que conduce ó Busto.

Preto da aldea están as montañas de Pena Redonda e a Pena dos Catro Cabaleiros, onde se reunían os habitantes do Incio, Samos, Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón.

Historia Hai moitos anos unha mina de ferro era explotada no lugar, onde aínda se poden ver os restos entre as silvas. Consérvanse restos do Muíño do Lucas.

Festividades Cada 27 de agosto celébrase a romaría do San Vitoiro.

Lugares e parroquias Lugares de Saa

Parroquias da Pobra do Brollón

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Busto Fotos do Busto

Categoría:Lugares da Pobra do Brollón