Centeais é o lugar máis poboado da parroquia de Veiga, no concello lugués da Pobra do Brollón. En 2008 tiña 17 habitantes (10 homes e 7 mulleres).

Aínda que forma parte de Veiga, os seus veciños realizan os trámites relixiosos en Pino pola súa proximidade a esta parroquia.

O topónimo Centeais alude a terras de centeo polo que cabe deducir que noutras épocas eran amplos os cultivos do cereal nesta zona. Este lugar é famoso na zona por unha lenda chamada "lenda dos lobos".

Está situado a 423 m de altitude.

Lugares e parroquias Lugares de Veiga

Parroquias da Pobra do Brollón

Categoría:Lugares da Pobra do Brollón