O armenio (, hayeren) é unha lingua indoeuropea falada polo pobo armenio. Ó igual que o grego, é o único representante do grupo homónimo das linguas indoeuropeas. É a lingua oficial de Armenia. Historicamente, foi falada no Planalto Armenio pero no presente tamén é falada pola diáspora armenia. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C., escrita nun alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.
O armenio é unha póla independente das linguas indoeuropeas.Armenian language – Britannica Online Encyclopedia É suxeito de moito interese para os lingüistas polo seu distintivo desenvolvemento fonolóxico dentro da familia. O armenio amosa máis satemización que centumización, malia que non está clasificado dentro de ningún dos dous grupos. Algúns estudosos concluíron de xeito provisional que o armenio, o grego (Frixio), o albanés e as linguas indoiranias estaban dialectamente relacionadas unhas coas outras;Handbook of Formal Languages (1997) p. 6.Indo-European Language and Culture: An Introduction, Benjamin W. Fortson, John Wiley and Sons, 2009, p383.Hans J. Holm (2011): “Swadesh lists” of Albanian Revisited and Consequences for its position in the Indo-European Languages. The Journal of Indo-European Studies, Volume 39, Number 1&2. dentro desta hipótese de grupo dialectal, o protoarmenio atópase entre o protogrego (subgrupo centum) e o protoindoiranio (subgrupo satem).Hrach Martirosyan. The place of Armenian in the Indo-European language family: the relationship with Greek and Indo-Iranian. Journal of Language Relationship • Вопросы языкового родства • 10 (2013) • Pp. 85—137
Armenia foi un país monolingüe entre o século II até o presente.Strabo, Geographica, XI, 14, 5; Հայոց լեզվի համառոտ պատմություն, Ս. Ղ. Ղազարյան։ Երևան, 1981, էջ 33 (Concise History of Armenian Language, S. Gh. Ghazaryan. Yerevan, 1981, p. 33). A súa lingua ten unha longa e rica historia literaria, cunha tradución da Biblia datada do século V como o seu texto supervivente máis antigo. O seu vocabulario foi influído polas linguas iranias occidentais, particularmente o parto, e en menor grao polo grego, o persa e o árabe ó longo da súa historia. Existen dúas formas literarias estandarizadas da lingua, a oriental e a occidental, que son mutuamente intelixiles.
miniatura|350px|Mapa dos dialectos armenios a principios do século XX:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Adjarian, Herchyah H. (1909) Classification des dialectes arméniens, par H. Adjarian. París: Honoro Champion. Clackson, James. 1994. The Linguistic Relationship Between Armenian and Greek. Londres: Publications of the Philological Society, No 30. (e Oxford: Blackwell Publishing) Holst, Jan Henrik (2009) Armenische Studien. Wiesbaden: Harrassowitz. Mallory, J. P. (1989) In Search of the Indo-Europeans: Language, Archaeology and Myth. Londres: Thames & Hudson. Vaux, Bert. 1998. The Phonology of Armenian. Oxford: Clarendon Press. Vaux, Bert. 2002. "The Armenian dialect of Jerusalem." in Armenians in the Holy Land. "Louvain: Peters. Outros artigos Wikipedia en armenio Ligazóns externas Recursos da lingua armenia O alfabeto armenio
Categoría:Lingua armenia Categoría:Linguas antigas Categoría:Linguas indoeuropeas Categoría:Linguas de Armenia Categoría:Linguas de Azerbaidján Categoría:Linguas de Kazakhstán Categoría:Linguas de Irán Categoría:Linguas do Líbano Categoría:Linguas de Turquía Categoría:Linguas de Xeorxia