miniatura|200px|left|Avenida 4 de Fevereiro en Luanda, a capital de Angola. O alto índice de crecemento da economía de Angola en anos recentes deveuse ós elevados prezos internacionais do petróleo. O país tornouse un membro da OPEP o 2006, e a súa produción diaria de petróleo atinxe os 1,65 millóns de barrís. A súa economía é unha das que crece mai rapidamente en África e no mundo.
Con todo, malia gozar duns bos indicadores de crecemento nos últimos anos, a clasificación do país nos índices internacionais de desenvolvemento humano (148ª posición no mundo en IDH, co 54,8% da poboación en pobreza extrema) non é boa, o que pon de manifesto que a riqueza petrolera está concentrada nuns poucos membros da elite política, mentres que a maioría da poboación atópase sumida na máis absoluta pobreza. Mostra deste contraste, en 2009, a capital angolana (Luanda), superou a Tokyo como a cidade máis cara do mundo, mentres que dous terzos da poboación vivían con menos de dous dólares ao día.
Exceptuando os sectores de petróleo diamantes, os demais foron moi perxudiados polos 26 anos de guerra civil. Desde o 2005, o goberno ten utilizado créditos de axuda da República Popular da China, Brasil, Portugal, Alemaña, España e toda a UE na reconstrución da súa infraestrutura.
Angola concluíu en marzo de 2012 un acordo co FMI para financiar axustes macroeconómicos e contribuír ao aumento dos seus reservas internacionais. Os compromisos angolanos concretáronse nun axuste fiscal, política monetaria restritiva e reforzamento do sistema bancario e financeiro local. O importe da devandita facilidade financeira foron equivalentes a 1.400 millóns de dólares.
Notas