O Estadio de pesäpallo de Kauppi (en finés Kaupin pesäpallostadion) é un estadio adicado á práctica do pesäpallo. Está situado no barrio de Kauppi, no distrito de Sampo da cidade de Tampere (Finlandia). O estadio ten capacidade para 2 500 persoas e nel xoga os seus partidos como local o Manse PP.
Historia O Kaupin Stadion inaugurouse o martes 5 de xullo de 2022 logo de atravesar numerosas complicacións durante o período de construción que fixeron que a súa finalización se atrasase e o orzamento final superase os 8,16 millóns de euros previstos inicialmente. As complicacións estiveron relacionadas principalmente coa obtención de materiais, unha situación que se agravou coa pandemia de COVID-19.
Notas
Kauppi