Medio soberano inglésHenrique VIII (1509-1547) Henry VIII. Half sovereign. Obverse / Reverse. The Cleveland Museum of Art.138x138px142x142pxA/: Henrique VIII coroado de fronte no trono, con orbe e cetro. Lenda: HENRIC. 8. DI. GRA. AGL FRNCIE Z. HIBERNIE REXR/: Armas coroadas. Lenda: HENRIC. 8. DI. GRA. AGL FRNCIE Z. HIBERNIE REX Data: ca. 1544-1547 Metal: ouro. Peso: 6,24 g. Diámtero: 34 mm.
O medio soberano é unha moeda de ouro británica cun valor equivalente a media libra esterlina. Emitiuse por primeira vez na súa forma actual en 1817, como moeda circulante, e desde 1980 a Royal Mint cuñouna case todos os anos xa como moeda de coleccionismo ou de investimento.
O medio soberano e o soberano británicos teñen a súa orixe nunha moeda inglesa do mesmo nome introducida orixinalmente en 1544 por Henrique VIII, cuxa emisión se interrompera en 1604. En 1817, como parte da Gran Recuñaxe, Xurxo III introduciu os novos soberanos, xunto cos seus múltiplos e divisores.
O medio soberano moderno cuñouse na maioría dos anos e circulou amplamente ata 1926. A partir deste ano, á parte das emisións especiais para os anos de coroación, a produción ordinaria suspendeuse ata 1980. Desde entón, a Royal Mint segue a emitir medios soberanos exclusivamente para o coleccionismo numismático e para investimento, mais non para a circulación.
A tipoloxía desta moeda baséase nunha imaxe do monarca reinante no anverso e, no reverso, ou ben as armas reais do Reino Unido ou ben o clásico deseño de San Xurxo e o Dragón, creado por Benedetto Pistrucci e utilizado por primeira vez no soberano en 1817 e no medio soberano en 1893.
Ademais de cuñarse en Londres, produciuse tamén nas cecas coloniais australianas e surafricana.
Moeda inglesa (1544-1604) Henrique VII (1485-1509) revitalizou a economía de Inglaterra logo da Guerra das Dúas Rosas.Whittington, B. (2017). Páxina 1.253. En 1489, introduciu o soberano como moeda de ouro, que valorou en vinte xilins.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 1. Antes desta nova moeda, as únicas de ouro que se emitían eran o angel e o medio angel.Seaby, P. (1985). Páxina 81.
Hnrique VII deixoulle un gran tesouro —o equivalente moderno duns 375 millóns de libras— ao seu sucesor Henrique VIII (1509-1547). A riqueza herdada esvaeuse por mor do extravagante estilo de vida de Henrique VIII e aos gastos de guerra que supuña manter unha reivindicación sobre Francia.Whittington, B. (2017). Páxina 1.265-1.294. Estes gastos conduciron á repetida desvalorización da moeda durante o reinado de Henrique.Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxinas 78, 80.
O medio soberano inglés introduciuse como parte da terceira emisión de moedas de Henrique VIII, en 1544,"The History of the Half-Sovereign". Royalmint.com degradando aínda máis a moeda. No seu anverso representouse o rei coroado, sentado no seu trono e sostendo o seu orbe e o seu cetro, en tanto que no reverso aparece un escudo real coas armas de Francia e de Inglaterra, sostido por un león e un dragón. Os títulos de Henrique como rei rodean os deseños en ambas as faces, e HR (por HENRICUS REX, "Henrique o Rei") aparece no exergo do reverso.Marsh, M. A. (2017) . Páxinas 108-109.
A nova moeda continuou cuñándose durante o reinado do fillo e sucesor de Henrique VIII, Eduardo VI (1547-1553), inicialmente cos deseños do reinado anterior e máis tarde cunha nova representación de Eduardo sentado no trono.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 109.
O medio soberano inglés cuñouse novamente baixo Xacobe I (1603-1625 en Inglaterra) a partir de 1603, e presenta un retrato do rei no anverso e un escudo coroado no reverso.Spink & Son (2004). Páxina 247. O escudo de armas que aparece na cuñaxe de Xacobe I presenta os leóns de Inglaterra no primeiro cuartel, o de Escocia no segundo, a arpa de Irlanda no terceiro e as flores de lis de Francia no cuarto. A lenda da moeda proclama a Xacobe como rei de Inglaterra, Escocia, Irlanda e Francia, en tanto que a lenda do reverso reza EXVRGAT DEVS DISSIPENTVR INIMICI ("Que Deus se erga e os seus inimigos sexan dispersados"), do salmo 68:1.Seaby, P. (1985). Páxinas 100-101. As letras I e R, de IACOBIS REX ("Xacobe rei") flanquean o escudo.Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxina 127. Estes medios soberanos emitíronse en moi pequenas cantidades.Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxina 126.
En 1604, Xacobe I reduciu o peso da moeda de ouro e, en consecuencia, cesou a cuñaxe dos dos medios soberanos, que foron renomeados como unite e medio unite, na honra da unión dos dous reinos da illa de Gran Bretaña.Seaby, P. (1985). Páxina 102. O medio soberano rebautizado foi substituído despois pola media guinea.
Moeda británica (desde 1817) Véxase tamén: Soberano (moeda)
+Caracterización xeral do medio soberanoPaísValorPesoDiámetroAliaxeCecasReino Unido½soberano3,99g19mmAu917 ‰Londres, Melbourne, Perth, Sydney, Suráfrica.
Orixe
Durante as guerras napoleónicas saíron de Gran Bretaña grandes cantidades de ouro, e utilizáronse como moeda no comercio moedas gastadas dunha guinea e tamén billetes de banco.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 7. Logo da derrota final de Napoleón na batalla de Waterloo (1815), o Parlamento do Reino Unido, mediante a Lei da Moeda de 1816, situou oficialmente a Gran Bretaña no padrón ouro, polo que se definiu a libra como unha cantidade determinada dese metal. Case todos os oradores que interviñeron no debate parlamentario apoiaron a creación dunha moeda de vinte xilins, no canto de seguir utilizando a guinea, valorada en vinte e un xilins.Clancy, K. (2017) . Páxinas 52-55. Unha das razóns para a introdución da moeda de ouro baseada no soberano foi que o valor deste, igual a unha libra esterlina, era máis conveniente que o da guinea.Seaby, P. (1985). Páxina 47. No entanto, a Lei da Moeda non especificaba que moedas específicas debía cuñar a Casa da Moeda.Seaby, P. (1985). Páxinas 116-117.
Xurxo III (1760-1820) Medio soberano británicoXurxo III (1760-1820) "½ Sovereign - George III". Numista.com105x105px105x105pxA/: Retrato laureado de Xurxo III cara á dereita. Data. Lenda: GEORGIUS III DEI GRATIAR/: Escudo de armas coroado. Lenda: BRITANNIARUM REX FID: DEF: Datas: 1817, 1818,1820 Gravador: Benedetto Pistrucci (A/) e William Wyon (R/). Peso: 6,24 g. Diámtero: 34 mm.
Un comité do Consello Privado recomendou a emisión de moedas de ouro de dez xilins (medio soberano), vinte xilins (soberano), dúas libras e cinco libras, o que foi aceptado o 3 de agosto de 1816 por Xurxo —que actuaba como príncipe rexente, ante a incapacidade mental do seu pai, Xurxo III (1760-1820)—. A peza de vinte xilins denominouse soberano, unha resurrección do nome da antiga moeda inglesa, probablemente promovida por anticuarios con intereses numismáticos.Clancy, K. (2017) . Páxina 57. O soberano moderno, co coñecido deseño do escultor italiano Benedetto Pistrucci do San Xurxo matando o dragón, foi proclamado como moeda en 1817, e a súa cuñaxe comezou ese mesmo ano.Marsh, M. A. (2017) . Páxinas 7-8. Pola súa banda, o seu divisor, a moeda de medio soberano, no canto do deseño de Pistrucci levaba no seu reverso un escudo das armas reais, gravado por William Wyon, probablemente baseado nun deseño anterior de Pistrucci,Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxina 467. aínda que o numismático Howard Linecar afirmou que Wyon tamén era responsable da modelaxe.Linecar, H. W. A. (1977). Páxinas 92-93.
O escudo desta primeira emisión do medio soberano era unha nova versión do escudo real, coas armas acuarteladas de Inglaterra, Escocia e Irlanda, e as armas hanoverianas coroadas por unha coroa real.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 112. Os reis de Gran Bretaña tamén gobernaron Hannover entre 1714 e 1837; as armas de Hannover representaban os escudos de armas de Brunswick, Luneburgo e Celle.Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 99.
Segundo o historiador da Royal Mint Kevin Clancy, no seu libro sobre a historia do soberano:Clancy, K. (2017) . Páxina 63.
O medio soberano, proclamado moeda de curso legal o 10 de outubro de 1817,Marsh, M. A. (1982). Páxina 1. converteuse na moeda de ouro máis pequena de uso ordinario. As primeiras emisións do medio soberano, co busto de Xurxo III, emitíronse con datas de 1817, 1818 e 1820, e ningunha con data de 1819, ano no que se cuñaron tamén poucos soberanos.Lobel, R. (ed.) (1999) . Páxinas 453,467. En 1819 emitíronse poucas moedas de ouro por mor da proposta de que o ouro se retivese no Banco de Inglaterra e só se emitise en lingotes por valor de 233 libras, plan que non prosperou.Clancy, K. (2017) . Páxinas 65-66.
Xurxo IV (1820-1830) Xurxo IV (1820-1830) "½ Sovereign - George IV 1st reverse": Numista.com106x106px105x105pxA/: Retrato laureado de Xurxo IV cara á esquerda. Marca de gravador (B.P.). Lenda: GEORGIUS IIII D:G: BRITANNIAR: REX F:D:R/: Escudo de armas coroado e adornado. Lenda: ANNO 1821 Data: 1821 Gravador: Benedetto Pistrucci (A/) J. B. Merlen (R/).
O primeiro tipo do medio soberano cuñado durante o reinado de Xurxo IV (1820-1830) presenta no anverso o seu retrato gravado por Pistrucci, cunha coroa de loureiro, e un escudo coroado adornado no reverso, deseñado por Johann B. Merlen. Este reverso inicial, emitido en 1821, retirouse de camiño debido á súa similitude en tamaño e aparencia co da moeda de seis peniques de prata,"6 Pence - George IIII 1st reverse". Numista.com o que facilitaba que os defraudadores bañasen en ouro este último para o facer pasar doadamente polo medio soberano.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 113
A seguinte vez que se cuñou o medio soberano, en 1823, presentaba xa unha versión máis sinxela do escudo no reverso, deseñada tamén por Merlen, emparellada no anverso co retrato de Xurxo realizado por Pistrucci. Esta segunda versión cuñouse tamén en 1824 e 1825."½ Sovereign - George IV 2nd reverse". Numista.com Mais o monarca non estaba satisfeito co seu retrato, e o deseño do busto de Pistrucci foi substituído a partir dalgunhas moedas de 1825 por un gravado por William Wyon, baseado nunha obra de Francis Chantrey. Pistrucci negárase a copiar a obra de Chantrey e non volveu participar no deseño de moedas da serie do soberano. Introducíronse tamén cambios no reverso, cunha versión máis ornamentada do escudo, que se cuñou todos os anos ata 1829,Marsh, M. A. (2017) . Páxinas 113-117. aínda que os cuñados este último ano amosan a data de 1828."½ Sovereign - George IV". Numista.com Con todo, coñécese un medio soberano con data de 1829, na colección do Museo Ashmolean; trátase dunha das varias moedas recuñadas pola Royal Mint en 1891 a partir dos seus cuños orixinais, para subministrar á Biblioteca Bodleian pezas coas que encher as lagoas da súa colección numismática.Bull, M. (2023). Páxina 68.
Guillerme IV (1830-1837)
Guillerme IV (1830-1837) "½ Sovereign - William IV small type". Numista.com"½ Sovereign - William IV large type". Numista.com106x106px105x105pxA/: Guillerme IV sen coroa cara á dereita. Lenda: GULIELMUS IIII D: G: BRITANNIAR: REX F: D:R/: Escudo de armas e manto. Lenda: ANNO (data) Datas: 1831, 1834-1837 Gravador: William Wyon (A/) e J. B. Merlen (R/). Nota: os dous primeiros anos cuñouse con só 17,9 mm, aínda que co peso ordinario.