Trinidad Falcés, nada na Coruña en 1942 e finada na mesma cidade o 10 de agosto de 2022, coñecida tamén como Trini Falcés ou La Trini, foi unha activista española polos dereitos das persoas trans durante o franquismo. Foi a primeira muller abertamente trans da súa cidade natal. Traxectoria En 1953, con 11 anos, conseguiu cambiar o nome de Antonio a Trinidad. Emigrou a Barcelona, onde foi fichada por primeira vez pola policía franquista. Encadeou varias condenas e sentenzas de cárcere por incumprir a Lei de vagos e maleantes. En total, cumpriu cinco anos de prisión. Deses anos de reclusión, varios meses pasounos en Badaxoz nun campo de concentración para homosexuais.
Era post-franquista Despois da morte do ditador Francisco Franco en 1975, encabezou en 1977 a primeira marcha do orgullo en Barcelona. Na década de 1990 regresou á Coruña e en 2007 foi recoñecida como vítima do franquismo pola Lei de Memoria Histórica. En 2019 recibiu o premio Elisa e Marcela pola súa loita pola integración e a diversidade sexual.
Faleceu o 10 de agosto de 2022 na súa cidade natal.
Notas
Categoría:Activistas LGBT de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Antifranquistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes