Posadas é un concello español da provincia de Córdoba, Andalucía, que se atopa na comarca do Val Medio do Guadalquivir. É centro xeográfico, administrativo e cabeza de partido xudicial do mesmo nome ao cal pertencen as localidades de Almodóvar del Río, Fuente Palmera, Guadalcázar, Hornachuelos, La Carlota, Palma del Río e a propia Posadas. Atópase situada a unha altitude de 88 metros e a 32 quilómetros da capital de provincia, Córdoba. Parte da serra de Posadas está declarada Reserva Mundial da Biosfera, ademais de pertencer a outras redes de protección medioambiental.
Demografía O concello ten unha superficie de 160,28 km². En 2022 tiña unha poboación de 7267 habitantes e unha densidade de 45.33 hab/km².
Categoría:Concellos da provincia de Córdoba