High Life é un filme de 2018 dirixido por Claire Denis, no seu debut como directora dun filme en lingua inglesa. O guión foi escrito por Denis e o seu colaborador habitual Jean-Pol Fargeau. Está protagonizado por Robert Pattinson e Juliette Binoche, e céntrase nun grupo de criminais enviados nunha misión espacial cara a un buraco negro mentres participan en experimentos científicos.

O físico e experto en buracos negros Aurélien Barrau foi contratado como experto científico e o artista Olafur Eliasson deseñou a nave espacial do filme. High Life estreouse o 9 de setembro de 2018 no Festival Internacional de Cinema de Toronto.

Personaxes

Robert Pattinson como Monte Mikołaj Gruss como Monte de rapaz Juliette Binoche como Dibs André Benjamin como Tcherny Mia Goth como Boyse Agata Buzek como Nansen Lars Eidinger como Chandra Claire Tran como Mink Ewan Mitchell como Ettore Gloria Obianyo como Elektra Victor Banerjee como profesor indio Jessie Ross como Willow Scarlette Lindsey como Willow de bebé Joni Brauer e Johann Bartlitz como Willow acabada de nacer

Notas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Claire Denis Categoría:Filmes de científicos tolos Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes de A24 Films