Antonio Pereira González, nado en Vilafranca do Bierzo o 13 de xuño de 1923 e finado en León o 25 de abril de 2009, foi escritor, poeta e xornalista.
Traxectoria dereita|miniatura|Tumba de Antonio Pereira. Tras estudar na súa vila natal, obtivo o título de mestre, profesión que nunca exerceu, adicándose no canto a ser viaxante de comercio. As súas primeiras publicacións poéticas apareceron na revista de poesía Alba, dirixida en terras galegas polo seu paisano e amigo Ramón González-Alegre e onde publicou en 1948 Sonetos del Bierzo. O ano seguinte colaborou na revista Espadaña, editada en León, cidade a que se trasladou a vivir no mesmo ano 1949 e onde fundou un comercio adicado á venda por xunto de artigos de electricidade e fogar. O ano seguinte comenzou a colaborar no xornal local Diario de León cunha sección chamada Atalaya. No ano 1984 participou na película El Filandón, de José María Martín Sarmiento, onde xunto a outros escritores leoneses (Pedro Trapiello, Julio Llamazares e José María Merino) recrea un fiandón para contar historias propias. O conto a cargo de Pereira, Las peras de Dios, está ambientado en Vilafranca. Recoñecementos En 1966 recibiu o Premio Leopoldo Alas, pola súa obra Una ventana a la carretera. En 1989 gañou o Premio Fastenrath da Real Academia Española por El síndrome de Estocolmo e catro anos despois, en 1993, o Torrente Ballester por Las ciudades de poniente. A Xunta de Castela e León recoñeceuno en 2000 co seu galardón de maior rango, o premio Castilla y León de las Letras 2019. O concello de Madrid tamén lle concedeu o premio de poesía Francisco de Quevedo no ano 2007.
Fóra dos premios literarios foi nomeado Leonés del Año en 1985 e recibiu o título de Doutor Honoris Causa pola Universidade de León en 2000. O 27 de xullo a Deputación de León entregoulle a súa viúva, a Medalla de Ouro da Provincia a título póstumo.
O 25 de xuño do 2023 inaugurouse no Xardín da Alameda da súa vila natal unha estatua en bronce que representa o escritor sentado nun dos bancos do parque. O acto estaba incluído nunha edición especial da Festa da Poesía adicada ao autor con motivo do centenario do seu nacemento e organizada pola Fundación que leva o seu nome. Vida persoal
En 1951 casou con Úrsula Rodríguez Hesles.
Obra En total Pereira publicou 45 libros, a maior parte de contos aínda que tamén de poesía, novelas, antoloxías e recompilación de artigos e memorias. Unha das súas obras, Cuentos de la Cábila, foi traducida ao galego por Xesús Carballo Soliño e publicado pola Editorial Galaxia en 2003 como Contos da Cábila: fabulacións no país do Bierzo.
Poesía El regreso (1966) Del monte y los caminos (1966) Cancionero de Sagres (1969) Dibujo de figura (1972) Contar y seguir (1972) Antología de la seda y el hierro (1986) Raros y no olvidados (1987) Las ciudades de Poniente (1994) Una tarde a las ocho (1995) Poemas del claustro (1999) Meteoros. Poesía, 1962-2006 (2006) Todos los poemas (2022)
Relatos Una ventana a la carretera (1967) El ingeniero Balboa y otras historias civiles (1976) Historias veniales de amor (1978) Los brazos de la i griega (1982) El síndrome de Estocolmo (1988) Cuentos para lectores cómplices (1989) Relatos de andar el mundo (1991) Picassos en el desván (1991) Obdulia, un cuento cruel (1994) Don Eloy, laissez sortir Dorita ou bien... (1994) Relatos sin fronteras (1998) Me gusta contar. Selección personal de relatos (1999) Cuentos del medio siglo (1999) Cuentos de la Cábila (2000) Recuento de invenciones (2004) Clara, Elisa, la teta de doña Celina, mujeres (2005) Oficio de volar (2006) Cuentos del noroeste mágico (2006) La divisa en la torre (2007) Todos los cuentos (2012) Cuentos (2021) El hilo de lo irreal. Fabulaciones (2022) Todos los cuentos (2022)
Novelas Un sitio para Soledad (1969) La costa de los fuegos tardíos (1973) País de los Losadas (1978)
Outros Reseñas y confidencias (1985) Antonio Pereira y los niños (1989) Crónicas de Villafranca (1997) Sesenta y cuatro caballos (2011) Oficio de mirar. Andanzas de un cuentista (1970-2000) (2019) Antonio Pereira y 23 lectores cómplices (2019) Entre la seda y el hierro (2022)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web da Fundación Antonio Pereira
Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en Vilafranca do Bierzo Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de León Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas de Castela e León