Top Gun: Maverick é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Joseph Kosinski e escrito por Ehren Kruger, Eric Warren Singer e Christopher McQuarrie a partir dunha historia de Peter Craig e Justin Marks. É a secuela do filme de 1986 Top Gun. Tom Cruise retoma o seu papel como o piloto Pete "Maverick" Mitchell. Baséase nos personaxes orixinais creados por Jim Cash e Jack Epps Jr. Está protagonizado por Miles Teller, Jennifer Connelly, Jon Hamm, Glen Powell, Monica Barbaro, Lewis Pullman, Ed Harris e Val Kilmer, quen tamén retoma o seu papel como Iceman. Conta a historia de Maverick confrontando o seu pasado mentres adestra a un grupo de graduados máis novos do Top Gun, incluído o fillo do seu mellor amigo falecido, para unha perigosa misión.

Personaxes

Tom Cruise como Capitán Pete "Maverick" Mitchell Miles Teller como Tenente Bradley "Rooster" Bradshaw Jennifer Connelly como Penelope "Penny" Benjamin Jon Hamm como Vicealmirante Beau "Cyclone" Simpson Glen Powell como Tenente Jake "Hangman" Seresin Ed Harris como Almirante Chester "Hammer" Cain Val Kilmer como Almirante Tom "Iceman" Kazansky Lewis Pullman como Tenente Robert "Bob" Floyd Charles Parnell como Almirante Solomon "Warlock" Bates Bashir Salahuddin como Bernie "Hondo" Coleman Monica Barbaro como Tenente Natasha "Phoenix" Trace Jay Ellis como Tenente Reuben "Payback" Fitch Danny Ramirez como Tenente Mickey "Fanboy" Garcia Greg Tarzan Davis como Tenente Javy "Coyote" Machado Manny Jacinto como Tenente Billy "Fritz" Avalone Raymond Lee como Tenente Logan "Yale" Lee Jake Picking como Tenente Brigham "Harvard" Lennox Jack Schumacher como Tenente Neil "Omaha" Vikander Kara Wang como Tenente Callie "Halo" Bassett Lyliana Wray como Amelia Benjamin Jean Louisa Kelly como Sarah Kazansky James Handy como Jimmy Chido Nwokocha como controlador da misión Chelsea Harris como axundante do almirante

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joseph Kosinski Categoría:Filmes de Skydance Productions Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados no estado de Washington Categoría:Filmes rodados en Maryland Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América