Laconia, antes coñecida como Lacedemonia, é unha unidade rexional da Grecia, localizada no sueste da rexión do Peloponeso, con capital na cidade histórica de Esparta.

Ten unha extensión de 3 636 km2 e unha poboación, en 1991, de 94.916 habitantesEnciclopedia Galega Universal, Ir Indo, tomo 11, s. v. Laconia..

Mitoloxía

Segundo PausaniasDescripción de Grecia 3, 1, 1., o primeiro rei da rexión chamouse Lélexe, ou Lélex, e era autóctono. Chámanse autóctonos aqueles personaxes nacidos directamente da tierra, sen ter pai nin nai, polo que estaban vinculados a esta para sempre. Deste rei vénlle o nome ós primeiros habitantes da rexión, os lélexesEste pobo aparece citado na Ilíada como aliados dos troianos (Ilíada X, 429; XX, 96).. Lélexe tivo dous fillos: Miles, que o sucedeu ó trono, e Policaón, que accedeu ó trono de Mesenia ó casar con Mesene, filla do rei de ArgosGrimal, s. v. Lélege..

miniatura|300px|esquerda|Ascendencia e descendencia de Lacedemón e Esparta, segundo Apolodoro

A Miles sucedeuno o seu fillo Eurotas, un deus fluvial habido coa náiade Cleocaría, que dragou un pantano e creou un río, chamado Eurotas. Este casou con Clete e tivo unha filla, Esparta. Esparta casou con Lacedemón, fillo da náiade TáixeteQue dará nome a unha montaña de Esparta, o monte Táixete ou Táixeto. e Zeus, que foi o sucesor de Eurotas e quen bautizou ó reino como Lacedemonia"Táixete tivo de Zeus a Lacedemón, de quen recibe o nome a rexión de Lacedemonia" (Apolodoro III, 10, 3), e á cidade principal, fundada por el, como Esparta. Dise que tiveron dous fillos, Amiclas (o seu sucesor) e Eurídice, que casaría con Acrisio e sería a nai de Dánae.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xeografía de Grecia Categoría:Lugares da mitoloxía grega