miniatura|Europa no ano 450 A Alta Idade Media ou Idade Media Antiga é o período histórico que vai do ano 476 despois de Xesucristo, cando se produce a Caída do Imperio Romano ata o 1066, cando Guillerme de Normandía conquista Inglaterra e considérase que comeza a Baixa Idade Media.
Historia e características A Alta Idade Media destaca pola invasión dos pobos xermánicos e o establecemento paulatino dun novo modelo social, o feudalismo. Caracterízase tamén pola barbarie dos pobos invasores, que se foi calmando segundo se foron asentando, pasando de guerreiros a terratenentes, e de pagáns a cristiáns. O sistema feudal desenvólvese ao non ter o rei unha grande autoridade sobre os seus plutócratas, ó estilo xermánico, e considérase implantado en toda Europa Occidental unha vez se produce a conquista normanda de Inglaterra.
Destacan dentro deste período histórico as invasións dos musulmáns en case toda a Península Ibérica, as incursións dos viquingos por todo o norte de Europa, e a fundación do Imperio Carolinxio e do Sacro Imperio Romano Xermánico. Tamén destacan os esforzos do Imperio Bizantino, antes Imperio Romano de Oriente, por reconquistar Italia, e a creación dos Estados Pontificios.
Cronoloxía destacada: 476 - Caída do Imperio Romano de Occidente. c. 500 - Invasión de Inglaterra por pobos xermánicos (anglos, saxóns e xutos). Heptarquía anglosaxoa en Inglaterra. 711 - Invasión musulmá da Península Ibérica. 800 - Carlomagno proclamado emperador do Imperio Carolinxio. Formación do Sacro Imperio Romano Xermánico. Invasións dos viquingos. Establecemento dun reino en Sicilia, o Danelaw en Inglaterra e o ducado de Normandía en Francia. Cisma de Oriente. 1066 Batalla de Hastings e invasión de Inglaterra por Guillerme de Normandía. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Idade Media Historia Historiografía Historia de Galicia Baixa Idade Media
Categoría:Idade Media