Qaqortoq,O nome da vila significa "Branco" en lingua groenlandesa. Escribíase Kakortok segundo a ortografía groenlandesa previa ao ano 1973. antigamente Julianehåb,Julianehaab segundo a ortografía dinamarquesa anterior a 1948. é unha cidade do concello de Kujalleq, no sur de Groenlandia. Cunha poboación de 3 050 habitantes en 2020, é a vila máis poboada e a capital municipal de Kujalleq, así como a cuarta localidade por número de habitantes de Groenlandia.
Demografía
Clima Qaqortoq ten un clima polar de influencia marítima (segundo a clasificación climática de Köppen) con invernos fríos e nevados e veráns frescos. Como se atopa no extremo sur de Groenlandia non experimenta permafrost. Grazas á súa relativa calidez en comparación con outros asentamentos, onde poucas árbores poden prosperar e sobrevivir, Qaqortoq é unha das poucas cidades groenlandesas capaces de soster vexetación. Os invernos son moito máis suaves que nos paralelos costeiros moito máis baixos da América do Norte continental debido ao efecto mariño. Polo tanto, a variación estacional do clima é moi pequena para un lugar tan ao norte.
Galería de imaxes
miniatura|centro|500px|Qaqortoq en outubro de 2008.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades e vilas de Groenlandia