Rhynia é un xénero de plantas vasculares extintas do Devónico, que consta dunha soa especie, Rhynia gwynne-vaughanii. O exemplar co que se describiu esta especie era o esporófito dunha planta terrestre vascular, axial, embriófita diplohaplonte produtora de esporas do Devónico temperán que tiña características anatómicas máis avanzadas que as briófitas. Rhynia gwynne-vaughanii pertencía a un grupo irmán de todas as outras traqueófitas, que inclúen as plantas vasculares modernas.
Descrición Rhynia gwynne-vaughanii foi descrita como nova especie por Robert Kidston e William H. Lang en 1917. A especie só se coñece polos espécimes fósiles atopados no chert de Rhynie en Aberdeenshire, Escocia, onde vivía preto dunha fonte termal rica en sílice. Rhynia era unha planta vascular que vivía en asociación con outras plantas vasculares como Asteroxylon mackei, un probable devanceiro das Lycopsida modernas, e con plantas prevasculares como Aglaophyton major, que se interpreta como basal ás verdadeiras plantas vasculares. right|miniatura|Sección transversal dun talo de Rhynia gwynne-vaughanii, Devónico inferior, chert de Rhynie
Rhynia pénsase que tiña ramas laterais caducas que utilizaba para dispersarse lateralmente sobre o substrato e as poboacións da planta podían ser, por tanto, clónicas.
Evidencias da xeración gametofítica de Rhynia foron descritas como penachos densos de diminutos talos de só uns poucos milímetros de altura, aos que se lles dera o nome xenérico de Remyophyton delicatum.H. Kerp, N.H. Trewin and H. Hass (2004) New gametophytes from the Early Devonian Rhynie chert. Transactions of the Royal Society of Edinburgh, Earth Sciences, 94, 411–428 Como os de Aglaophyton major, Horneophyton lignieri e Nothia aphylla, os gametófitos de Rhynia eran dioicos, porque tiñan á vez gametanxios masculinos e femininos (anteridios e arquegonios) en diferentes eixes. Un descubrimento salientable é que os eixes dos gametófitos eran vasculares, a diferenza de case todos os gametófitos das pteridófitas modernas excepto o de Psilotum.
Taxonomía
Inicialmente, R. Kidston and W. H. Lang describiron dúas especies de Rhynia do xacemento do chert de Rhynie: R. gwynne-vaughnii en 1917, e R. major en 1920. R. gwynne-vaughanii foi nomeada por estes dous autores en honra do seu anterior amigo e colega o botánico David Thomas Gwynne-Vaughan. O nome do xénero procede do topónimo do xacemento fósil, Rhynie.
Porén, un estudo do tecido vascular de ambas feito por David S. Edwards en 1986 levou á conclusión de que as paredes celulares das células condutoras de auga de R. major carecían das barras de engrosamento secundario observadas no xilema de R. gwynne-vaughanii, e eran máis ben como hidroides condutores de auga como os dos sporófitos dos musgos. A súa conclusión foi que R. gwynne-vaughanii pertence ás plantas vasculares, mentres que R. major pertence ás briófitas. En consecuencia, transferiuna a un novo xénero co nome Aglaophyton, deixando R. gwynne-vaughnii como a única especie coñecida de Rhynia. Rhynia é o xénero tipo das riniófitas, establecidas como subdivisión de Rhyniophytina por Banks,, cited in pero desde entón tratada como varias posibles categorías taxonómicas.
Filoxenia En 2004, Crane et al. publicaron un cladograma para as poliesporanxiófitas, no cal Rhynia e as outras Rhyniaceae estaban situadas como plantas vasculares (traqueófitas) basais. Velaquí o cladograma:
Notas
Categoría:Devoniano Categoría:Plantas prehistóricas