Kujalleq (en groenlandés: Kommune Kujalleq) é un concello situado no extremo meridional de Groenlandia, operativo dende o 1 de xaneiro de 2009. O centro administrativo do municipio está en Qaqortoq. En 2022 tiña unha poboación de 6 292 habitantes.
Creación O concello está formado pola fusión de tres antigos municipios do sur de Groenlandia, cada un deles recibía o nome do seu maior asentamento: Concello de Nanortalik Concello de Narsaq Concello de Qaqortoq
Ademais da área destes municipios, á nova entidade administrativa engadíronse partes deshabitadas dos antigos municipios de Paamiut e Ammassalik. No caso do municipio de Paamiut, era exclusivamente unha parte da capa de xeo incluíndo algúns nunataks, mentres que no caso do concello de Ammassalik, incluía a costa do fiorde Kangerlussuatsiaq (en dinamarqués Lindenow Fjord).
Xeografía Con 32 000 km²,Statistics Greenland,Greenland in Figures 2010 é o concello máis pequeno de Groenlandia por superficie. Limita cun só municipio, Sermersooq, ao norte. As augas da costa occidental son as do mar do Labrador, que se atopa co aberto Atlántico norte en Nunap Isua, o cabo máis meridional.
Todo o termo municipal é moi montañoso, con numerosos fiordes que se adentran profundamente no interior. Todos os asentamentos están situados na costa occidental, ou en fiordes que rematan alí.
Vilas e asentamentos Área de Nanortalik Nanortalik Aappilattoq Alluitsup Paa Ammassivik Narsaq Kujalleq Tasiusaq Qorlortorsuaq
Área de Narsaq Narsaq Igaliku Narsarsuaq Qassiarsuk
Área de Qaqortoq Qaqortoq Eqalugaarsuit Qassimiut Saarloq Upernaviarsuk
Notas
Véxase tamén
Categoría:Concellos de Groenlandia