Qeqqata (en groenlandés: Qeqqata Kommunia) é un concello situado na costa oeste de Groenlandia, operativo dende o 1 de xaneiro de 2009. Recibe o seu nome pola súa localización na parte central e occidental do país.Qeqqata Kommunia, páxina do concello de Qaqqata En xaneiro de 2020 tiña unha poboación de 9 378 habitantes. A súa capital atópase na vila de Sisimiut.

Creación Está formado pola zona anteriormente non incorporada de Kangerlussuaq, así como por dous antigos concellos do oeste de Groenlandia, Maniitsoq e Sisimiut.

Xeografía No sur e leste, o municipio está arrodeado polo municipio de Sermersooq, aínda que os asentamentos e o comercio asociado concéntranse principalmente ao lado da costa. No norte, limita co concello de Qeqertalik. As augas da costa occidental son as do estreito de Davis, que separa Groenlandia da illa de Baffin. Cunha superficie de 115 500 km²Statistics Greenland,Greenland in Figures 2010 é o terceiro municipio máis pequeno de Groenlandia.

Vilas e asentamentos Área de Maniitsoq Maniitsoq Atammik Kangaamiut Napasoq

Área de Sisimiut Sisimiut Itilleq Kangerlussuaq Sarfannguit

Notas

Véxase tamén

Categoría:Concellos de Groenlandia