miniatura|A casa de John Coltrane en Filadelfia John William Coltrane, nado en Hamlet (Carolina do Norte) o 23 de setembro de 1926 e finado en Nova York o 17 de xullo de 1967, de alcume Trane, foi un saxofonista e compositor de jazz estadounidense.

Traxectoria Aínda que existen gravacións súas dende 1946, a carreira discográfica de Coltrane non comezou ata 1955. De 1957 en adiante gravou e produciu ducias de álbums, moitos deles non editados até anos despois da súa morte.

Foi un dos músicos máis influentes da historia do jazz. Reformulou o jazz moderno e foi a principal influencia das sucesivas xeracións de saxofonistas. Xunto cos saxofonistas tenores Coleman Hawkins, Lester Young e Sonny Rollins, alterou fondamente a linguaxe do instrumento.

Morreu de cancro de fígado aos 40 anos o 17 de xullo de 1967 no hospital Huntington de Long Island. O seu funeral tivo lugar catro días despois na igrexa luterana de San Pedro, na cidade de Nova York. O servizo foi iniciado polo Albert Ayler Quartet e rematado polo Ornette Coleman Quartet. Foi inhumado no cemiterio Pinelawn en Farmingdale, Nova York.

Discografía seleccionada

Con Prestige e Blue Note

Coltrane (1957) Blue Train (1958) John Coltrane with the Red Garland Trio (1958) Soultrane (1958)

Con Atlantic

Giant Steps (1960) Coltrane Jazz (1961) My Favorite Things (1961) Olé Coltrane (1961)

Con Impulse!

Africa/Brass (1961) Live! at the Village Vanguard (1962) Coltrane (1962) Duke Ellington & John Coltrane (1963) Ballads (1963) John Coltrane and Johnny Hartman (1963) Impressions (1963) Live at Birdland (1964) Crescent (1964) A Love Supreme (1965) The John Coltrane Quartet Plays (1965) Ascension (1966) New Thing at Newport (1966) Meditations (1966) Live at the Village Vanguard Again! (1966) Kulu Sé Mama (1967) Expression (1967)

Ligazóns externas

Páxina web oficial

Categoría:Saxofonistas de jazz Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Saxofonistas dos Estados Unidos de América Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados no condado de Richmond, Carolina do Norte